spot_img
InicioVal MiñorNigránPresentación na Biblioteca Municipal de Nigrán do caderno de gravados de Xosé...

Presentación na Biblioteca Municipal de Nigrán do caderno de gravados de Xosé Poldras ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’

A nova Biblioteca Municipal de Nigrán, premio peninsular de arquitectura 'Technal'O acto terá lugar o xoves e contará coa presenza do autor e o interludio musical do grupo de cámara da Agrupación Musical de Vincios

Revista Cousas de Nº23

O Concello de Nigrán acolle este xoves 5 de decembro na Biblioteca Municipal ás 19:00 horas a presentación do caderno de gravados de Xosé Poldras ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, título da famosa peza teatral de Carlos Casares, veciño ilustre de Nigrán cuxos restos descansan no cemiterio municipal do Ceán. O acto organizado entre Concello e Fundación Carlos Casares contará coa presenza do autor, Xosé Poldras, e tamén con José Ángel Cid, membro do departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo e autor do texto titulado ‘Matemáticas, laranxas e paradoxas’ que contén o caderno, asi coma o rexedor, Juan González, e o edil de Cultura, Roberto Garrido. Na presentación actuará o grupo de cámara da Agrupación Musical de Vincios a través do programa Culturea da Deputación de Pontevedra. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Xosé Poldras, natural do Tameirón (A Gudiña), é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, beca Erasmus de doutoramento en s`Hertogembosch e Maastrich, e licenciado pola Universidade de Salamanca. Á súa formación engade cursos específicos de gravado en diferentes talleres no centro Augatinta en Lugo e no Museo do Gravado de Fundartes de Ribeira (A Coruña). Expón dende 1989, sobre todo como gravador, aínda as edicións son inusualmente curtas e ten obra noutros xéneros artísticos. A súa obra pode verse nas coleccións de artes plásticas da Biblioteca Nacional de España; Arte de Nuestra América, La Habana, Cuba; museo Majdanek, Lublin, Polonia; embaixada de Taiwan en España, Universidade de Vigo; Museo do Viño Vivanco, Briones, A Rioxa. Deputación de A Coruña e a de Ourense; Museo Municipal de Ourense…

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.