spot_img
InicioGaliciaPortos de Galicia explora canles de negocio para os peiraos deportivos galegos...

Portos de Galicia explora canles de negocio para os peiraos deportivos galegos con entidades de Francia, Italia e Portugal

Portos de Galicia explora canles de negocio para os peiraos deportivos galegos con entidades de Francia, Italia e Portugal

O ente público está a canalizar a oferta de servizos náutico recreativos do sistema portuario galego no salón sectorial que se celebran en París ata o vindeiro día 14

Empresas e institucións públicas mostraron o seu interese en establecer rutas co litoral galego dado o seu carácter xeoestratéxico que o convirte en “punto inexcusable”

José Juan Durán asinou un protocolo de colaboración coa entidade francesa PrimOcean para a inclusión da nosa comunidade na rede de navegación europea Passeport Escales que aglutina a un centenar de peiraos

Portos de Galicia está a explorar canles de negocio internacional para os peiraos galegos a través da súa presenza no Salón Náutico de París. Así, o ente público está a afondar nas relacións comerciais entre os portos deportivos dependentes da Xunta de Galicia e entidades náuticas de Francia, Italia e Portugal.

Dende o pasado día 6 e ata o vindeiro domingo, día 4, Portos de Galicia está presente na feira sectorial francesa a través dun stand conxunto con Turismo de Galicia. Así mesmo, o presidente do ente público, José Juan Durán está a desenvolver, no marco desta cita, unha axenda institucional na que se inclúen diversas reunións de traballo con empresas e asociacións internacionais para promover a chegada de navegantes ás costas galegas.

Entre estes encontros Durán Hermida recibiu ata o momento a representantes da Rexión Bretaña francesa; o porto de La Rochelle, tamén no sur de Francia; Assonat (Asociación italiana de portos e turismo) e os peiraos deportivos portugueses de Azores e Madeira. En todas as reunións mantidas os interlocutores da Administración galega remarcaron o seu interese en establecer rutas náuticas con Galicia dado o seu carácter xeoestratéxico, que convirte á nosa comunidade en “punto inexcusable” na navegación dende o Atlántico norte cara ao Mediterráneo o sur de Europa.

Así mesmo, o ente público está a afondar no establecemento de sinerxias con outros organismos autonómicos xestores de instalacións portuarias españolas. Tralo encontro celebrado o pasado mes de outubro en Santiago de Compostela, no que estiveron presentes representantes de todas as comunidades autónomas costeiras con competencias sobre infraestruturas portuarias, onte, no Salón Náutico de París tivo lugar unha nova xuntanza entre directivos dos entes autonómicos xestores do sistema portuario para facer balance das iniciativas desenvolvidas a raíz das últimas xornadas e as previsións de actuacións futuras.

Finalmente, Durán Hermida aproveitou a súa presenza no Salón para asinar un protocolo de colaboración coa compañía francesa PrimOcean, responsable da rede de navegación europea Passeport Escales, para a inclusión de Galicia neste tecido de intercambio de navegantes que aglutina ata o momento a un centenar de peiraos.

 

- Publicidade -spot_img