spot_img
InicioVal MiñorBaionaPortos de Galicia comeza a remodelación das instalacións portuarias de Baiona

Portos de Galicia comeza a remodelación das instalacións portuarias de Baiona

Portos de Galicia comeza a remodelación das instalacións portuarias de BaionaO presidente do ente público comprobou o inicio dos traballos de reordenación de atraques que desenvolve o seu departamento con cargo ao Fondo Feder

Portos de Galicia vén de comezar as obras de remodelación das instalacións náutico recreativas de Baiona. Así o comunicou o presidente do ente público, José Juan Durán, esta mañá nunha visita á zona para comprobar o inicio dos traballos de reordenación dos atraques que desenvolve o seu departamento.

A actuación consiste na habilitación dun centenar de prazas de atraque para embarcacións de séptima lista, de xeito que permite suprimir os fondeos existentes actualmente na zona, aportando unha maior seguridade aos usuarios. En concreto ordenaranse as prazas de atraque para embarcacións de esloras menores ás existentes nos pantaláns que funcionan actualmente nos dous portos deportivos do municipio.

Esta actuación, financiada cunha partida finalista de Fondos europeos Feder, dará resposta á actual situación do peirao baionés que conta cunha lista de espera de máis de 50 barcos. Así mesmo, resposta a unha demanda trasladada polos usuarios e o Concello de Baiona a Portos de Galicia.

Finalmente, Durán Hermida explicou tamén que entre os beneficiarios das novas instalacións atópase unha ampla representación de profesionais xubilados do mar, para os que Portos de Galicia ten establecido bonificacións na ocupación de prazas.

 

- Publicidade -spot_img