spot_img
InicioVigo e áreaVigoPorto e Xunta promocionarán a imaxe turística de Vigo con actividades durante...

Porto e Xunta promocionarán a imaxe turística de Vigo con actividades durante a histórica xornada de cruceiros

Porto e Xunta promocionarán a imaxe turística de Vigo con actividades durante a histórica xornada de cruceirosO próximo 19 de setembro, os peiraos de Vigo recibirán cinco transatlánticos cun total de 15.000 persoas a bordo, entre pasaxeiros e tripulación

Revista COUSAS DE Nº18

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, mantivo este martes un primeiro encontro coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, no que se acordou a colaboración mutua na histórica xornada do próximo 19 de setembro, na que os peiraos de Vigo recibirán a cinco cruceiros con miles de turistas a bordo.

Segundo acordaron ambos os responsables, organizaranse diversas actividades en toda a fronte marítima da cidade para promocionar a imaxe turística de Vigo e celebrar a chegada, por primeira vez na historia do Porto de Vigo, de ata cinco cruceiros de pasaxeiros o mesmo día.

Durante a xornada do próximo 19 de setembro espérase a chegada de ata cinco grandes barcos, que atracarán no centro da cidade, o que facilitará as operacións de embarque e desembarque dos máis de 10.000 pasaxeiros e ao redor de 5.000 tripulantes que, estímase, cheguen a Vigo por vía marítima.

Así, Porto e Xunta ofrecerán unha recepción aos turistas que cheguen a través das diferentes terminais de cruceiros: as situadas no Peirao de Transatlánticos (“Anthem of the Sexas” e “Disney Dream”) e na Andrómena (“Silver Moon”, o “Scenic Eclipse” e “Ambition”). O Porto poñerá ao dispor dos cruceiristas que desembarquen nos peiraos comerciais lanzadeiras para facilitar o seu traslado.

Colaboración Porto-Xunta

Durante o encontro entre ambos os representantes, o primeiro oficial desde as súas respectivas tomas de posesión, tamén se abordaron outras actuacións nas que Porto e Xunta xa colaboran, como a humanización da Avenida de Orillamar ou o desenvolvemento de PLISAN.

- Publicidade -spot_img