spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas reclama á Xunta información sobre o expediente para a declaración BIC...

Ponteareas reclama á Xunta información sobre o expediente para a declaración BIC Inmaterial das Alfombras de flores do Corpus

Ponteareas reclama á Xunta información sobre o expediente para a declaración BIC Inmaterial das Alfombras de flores do Corpus
Foto arquivo Concello de Ponteareas

Ponteareas reclama á Xunta información sobre o expediente para a declaración BIC Inmaterial das Alfombras de flores do Corpus

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, reclama da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, información sobre a situación actual de tramitación do expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial (BIC) as alfombras de flores do Corpus de Ponteareas. “Xa fai dous anos que entregamos toda a documentación necesaria para que se abrise o expediente pero descoñecemos cal é situación de tramitación actual, así como a valoración da Xunta”, afirmou o alcalde.

O goberno de Ponteareas comezou a traballar na solicitude en 2017 e ao ano seguinte, presentou toda a documentación requerida á Directora Xeral de Patrimonio para a declaración BIC das alfombras florais do Corpus de Ponteareas, “Neste momento, no que non podemos confeccionar as alfombras de flores nin celebrar o Corpus polo coronavirus, a declaración BIC suporía un gran recoñecemento e respaldo para todas as veciñas e veciños portadores desta tradición dende hai case dous séculos” manifestou Represas.

Pola súa longa tradición, polo facer artesanal, por ser unha arte sustentable, por tela capacidade de congregar, ano tras ano, a milleiros de visitantes pero, sobre todo, pola unión das súas xentes e a constancia no seu traballo, a arte alfombrista reúne practicamente tódolos requisitos para ser declarada BIC Inmaterial, segundo recolle o artigo 9.3 da  Lei de Patrimonio Cultural de Galicia

Os bens de interese cultural son aqueles bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia, declarados por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Tras a súa declaración ou recoñecemento, inscríbense no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, onde se recollen, entre outros, os datos relativos á súa identificación e localización, así como outros de interese para a súa protección.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.