spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas presenta os almorzos do Saboretea 2025

Ponteareas presenta os almorzos do Saboretea 2025

ponteareas-presenta-os-almorzos-do-saboretea-2025O Concello de Ponteareas presentou hoxe os once almorzos da segunda edición do Sarotea, unha das iniciativas coa que a concellería de Comercio do Concello de Ponteareas promociona a hostalaría local.

Revista Cousas de Nº24

Once almorzos apetitosos e saudables recibirán aos clientes dende hoxe venres día 25 e ata o día 1 de xuño. Cada vernes, sábado e domingo ofrecerán almorzos completos a prezos especiais. Dende primeira hora da mañá e ata o mediodía as persoas que desexen comezar o día con enerxía poderán almorzar no Balú,Chiquitita Café, Cortiñas, D´Peyo, Goya, El Regreso, El Rincón del Café, Papelón con Limón, Romi, Troll e Xirope.

Un xurado formado por profesionais de cociña e hostalaría do centro de formación A Cancela visitarán cada un dos locais para avaliar as propostas. Creatividade, servizo, calidade e innovación serán algúns dos aspectos aos que prestarán atención.

Para o público tamén haberá premios, aqueles que proben tres almorzos diferentes poderán concursar no sorteo de agasallos aportados polos locais participantes, así o informou o concelleiro de Comercio, Ricardo González, no acto de presentación.

A alcaldesa, Nava Castro, felicitou a todos os locais participantes que “apostaron forte con suculentas receitas nas que non faltan as froitas, o bo café, os zumes cargados de vitaminas e son exemplo da capacidade que a nosa hostalaría ten para sorprendernos”, sinalou a alcaldesa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.