Tras o éxito da pri meira edición o Concello de Ponteareas presentou esta semana a segunda edición de Talento Xove. “Máis de 300 participantes en 10 disciplinas diferentes deron lugar o ano pasado a unha exposición cultural e artística nunca antes vista na nosa vila no que a nosa mocidade demostrou que con espazos para a sua creación, a mocidade responde con creces” salientou o concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, durante súa intervención.
No acto de presentación a alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Xuventude estiveron acompañados da director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses que destacou a importancia desta iniciativa promovendo a participación e pondo en valor do talento da mocidade ponteareán, sendo unha plataforma de lanzamento que conecta co noso concurso Xuventude Crea, “exemplo disto Uxía Loureiro, gañadora do Talento Xove e a semana pasada gañadora na categoria moda de Xuventude Crea e Anxo Muíños gañador na categoría de Dj´s”.
Esta segunda edición trae novidades como a creación de tres novas disciplinas, a de monólogos, deseño de xoias e dj´s. Para promover a participación o Concello organizará talleres que dinamicen estas modalidades.
A alcaldesa, Nava Castro, adianta que “é imprescindible que a nivel político manteñamos estos espazos e que cada vez se avance na creación de novos recursos para que a mocidade de Ponteareas e a sua comarca siga medrando artísticamente e culturalmente.”
O Talento Xove 2025 tentará superar a primeira edición en 2024 e acordos cos concellos do Condado: Mondariz, Salvaterra ,Mondariz Balneario e As Neves para crear un Talento Xove “máis forte e que amplie a súa cobertura”.
Coa presentación a concellería de Xuventude abre a inscrición para a segunda edición de Talento Xove que terá un prazo de inscrición ata o 30 de xaneiro.
A inscrición poderase facer de maneira presencial na Omix de Ponteares ou no espacio xove de cada localidade participante no concurso, tamén vía correo electrónico en xuventude@ponteareas.gal e este ano incorporamos a inscrición telematica a través da nosa web ponteareas.gal
O prazo de entrega de proxectos será ata o 15 de marzo e poderán facelo da mesma maneira que a inscrición
A continuación virán as fases previas e finais coas exposicións abertas ao público e actuacións en directo que se realizarán nos meses de abril e maio para rematar coa entregas de premios a finais principios de maio.




