spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas entregou os premios dos Xogos Florais 2020!

Ponteareas entregou os premios dos Xogos Florais 2020!

Ponteareas entregou os premios dos Xogos Florais 2020!A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas convocou a V edición do certame de poesía Xogos Florais no mes de marzo con intención de facer a entrega de premios o día 17 de maio no marco das actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2020. No entanto, o confinamento e o estado de alarma obrigaron a ampliar o prazo de presentación e a anular todas as actividades que o Departamento de Cultura tiña planificadas.

Agora, aproveitando a nova convocatoria do plenario que a Real Academia Galega comunicou para homenaxear a figura de Ricardo Carvalho Calero -que coincidiu co 110 aniversario do seu nacemento- e o fallo dos membros que conformaron o xurado do concurso, a concellería entregou os galardóns nun acto que se caracterizou por ser moi discreto, sen público, ao aire libre e coa distancia social necesaria.

Aproveitamos que a Academia tiña a convocatoria para hoxe para facer, en Ponteareas, o acto de entrega dos premios do certame de poesía Xogos Florais. Tiñamos pensado facer algo máis grande, unha gala acompañada por outras actividades culturais, porén o novo marco social e as últimas restricións sanitarias non nos deixaron moita marxe de actuación”, indica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. “Agora ben, como o ano está a piques de rematar e a chegada dun novo confinamento semella inminente, decidimos –dentro das directrices que marcan as autoridades sanitarias– darlles os galardóns a quen os gañou, comunicalos a través dos medios de comunicación e divulgalos por medio das redes sociais da concellería e do concello. É unha forma moito máis humilde e discreta de homenaxear as nosas escritoras e escritores, no entanto, necesaria e segura”, aclara.

As persoas vencedoras desta edición foron: na categoría infantil, Marina Darriba Barbosa -co poema titulado “Azul”-, Arón Pregal Pérez -con “O can”- e Lucas Días Gómez -con“O Condado Paradanta”; na categoría xuvenil, as persoas galardoadas foron Elia González García -polo seu poema “O meu mundo”, Jennifer Abal da Silva -con “Dunha nena orfa”- e Melisa López Muñoz -con “O vacío”. E, na categoría adulto, Rosa María Novoa Vázquez -con “Primavera Punk”, Ana Belén Fernández Melón -con “Blasfemias”- e Dina Carpente -con “Inimigo invisible”-.

O xurado, que o conformaron o filólogo, profesor, dramaturgo e escritor polifacético Roi Vidal Ponte, a avogada e escritora Isabel Blanco e o filólogo, profesor e concelleiro de Cultura Fernando Groba, valorou “a calidade poética e lingüística dos textos así como a súa orixinalidade e capacidade de evocación”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.