spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas dá un paso máis na declaración do seu Corpus Christi como...

Ponteareas dá un paso máis na declaración do seu Corpus Christi como Ben de Interese Cultural

Ponteareas reclama á Xunta información sobre o expediente para a declaración BIC Inmaterial das Alfombras de flores do Corpus
Foto arquivo Concello de Ponteareas

A festividade conta co expediente incoado de BIC desde o pasado mes de xuño

Revista Cousas De Nº20

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o censo do Patrimonio Cultural no que se inclúen as alfombras florais que se elaboran na comunidade. Entre elas, atópanse os tapices que os veciños e as veciñas deseñan e confeccionan ano tras ano na vila polo que se trata dun paso máis para que a festividade acade a declaración de Ben de Interese Cultural.

Cómpre lembrar que a Consellería de Cultura incoou o expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial o Corpus Christi da vila o pasado mes de xuño ao considerar que constitúe un ritual recoñecido pola súa función social, entre outras cuestións. No documento, a administración autonómica destacou tamén o elevado coñecemento da veciñanza sobre a natureza e os seus elementos para confeccionar as alfombras así como as técnicas artesás que poñen en práctica tanto nos labores previos como na súa posta en práctica.

A alcaldesa, Nava Castro, indica que “o Corpus Christi de Ponteareas está cada vez máis preto de conseguir a declaración de Ben de Interese Cultural posto que a Xunta de Galicia inclúe agora as alfombras que se elaboran na vila no censo do Patrimonio Cultural logo de que xa en xuño do 2023 incoara o expediente de BIC” e apuntou que “se trata de recoñecer o esforzo dos veciños e das veciñas que deseñan e confeccionan os nosos tapices florais co compromiso e dedicación que lles caracteriza”. A rexedora concluíu que “é unha boa nova que recibimos a algo máis de dous meses de que o municipio se encha de novo de flores”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.