spot_img
InicioGaliciaPonte de Mandrás. Unha ponte do antigo Camiño Real que unía Ourense...

Ponte de Mandrás. Unha ponte do antigo Camiño Real que unía Ourense con Santiago

ponte-de-mandras-unha-ponte-do-antigo-camino-real-que-unia-ourense-con-santiagoPonte Madrás é unha ponte do antigo Camiño Real que unía Pourense con Santiago de Compostela. Este camiño, importante vía de comunicación de mercadurías e persoas e ainda hoxe chamado polos vecinos Camiño Real, foi construído, segundo algúns estudosos, no século XIII; comezaba en Cudeiro e seguía por Amoeiro para cruzar o rio Barbantiño e introducirse en San Cristovo de Cea , conectando co Camiño Real que arrincaba de Ourense, seguía por Tamallancos e finalizaba en Santiago.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A devandita ponte, punto obrigado durante séculos no discorrer da vía, está situada á entrada da aldea do mesmo nome, na parroquia de Mandráns, concello de San Cristovo de Cea, e permitiu durante séculos cruzar o rio Barbantiño. Por ela discorre o trazado do Camiño de Santiago da Vía da Prata – Camiño Mozárabe – e atópase a unha distancia de Compostela de 90,4 km. Foi declarado Ben de Interese Cultural con categorías de Monumento Histórico e Zona Arqueolóxica a favor das pontes históricas de galicia en 1991.

ponte-de-mandras-unha-ponte-do-antigo-camino-real-que-unia-ourense-con-santiago

A súa tipoloxía é de canteira con arco de medio punto e rasante alombada con calzada lousada. A ponte medieval orixinal, construída no século XIII, foi reformada na segunda metade do XVIII, cando o Intendente Xeral de Galicia, José de Avilés, ordenou a reforma do seu único arco e finaciou as obras.

A ponte actual é dun único arco de medio punto, que salva a considerable luz, aproximadamente 10 metros e medio, cunha altura na súa clave de pouco más de seis. O seu ancho total e de tres metros, o que permite un ancho de paso de dous metros e medio, descontando o ancho dos seu peitoris. Coinsiderando os estribos e zonas de acceso, a lonxitude total da obra supera os corenta e cinco metros. O seu arco, do mesmo xeito que o resto da ponte, está executado con pedra de granito en pezas regulares, ben labrado e de bo tamaño, o que fai pensar que a reforma do século XVIII foi máis unha reconstrucción completa. As doelas do arco forman ringleiras, rectas e ancho constante, nas que só varía o número de bloques.

ponte-de-mandras-unha-ponte-do-antigo-camino-real-que-unia-ourense-con-santiago

Os lenzos de ambos estribos, de planta rectangular e practicamente iguais en ambas a beiras, están construídos con perpiaños tamén de boa labra e tamaño, o que lles confire unha gran solidez. A calzada da ponte está alombada por mor da elevada altura do arco, sendo a súa pendente moderada ata o centro. Está formada por grandes lousas de granito, ainda que é habitual que estean cubertas por area e grava, especialmente na zona dos seu estribos donde hai unha impoortante acumulación de ambas. Portéxese con dous antepeitos de setenta e cinco centímetros de altura, formados por tes filas de bloques  de pedra, a última delas rematada en bocel. Nun deles lese unha inscrición realizada durante a reforma do século XVIII.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.