Inicio Galicia Ponse en marcha a convocatoria de subvencións para a realización de proxectos...

Ponse en marcha a convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de voluntariado na Rede de Parques Nacionais 2017

Ao redor de 800 persoas poden realizar, desde xullo do 2017 ata xuño de 2018, actividades de voluntariado ambiental en 20 espazos naturais protexidos, 13 dos cales son Parques Nacionais e 7 son Centros ou Leiras adscritos ao OAPN.

Desde o inicio en 2002 do Plan de Sensibilización e Voluntariado na Rede de Parques Nacionais ata o ano pasado realizouse un investimento económico de aproximadamente 10 millóns de euros.

Este ano a dotación económica é de 400.000 euros

Un ano más o Plan de Sensibilización e Voluntariado do Organismo Autónomo Parques Nacionais, dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, ponse en marcha. Con data 4 de marzo de 2017 publicouse no BOE o extracto de resolución da convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de voluntariado na Rede de Parques Nacionais, e centros e leiras adscritos ao Organismo Autónomo Parques Nacionais (OAPN), cunha dotación económica de 400.000 euros.

O Plan de Sensibilización e Voluntariado na Rede de Parques Nacionais e nos Centros e Leiras dependentes do OAPN, está amparado na Lei 45/2015, do 14 de outubro, de Voluntariado e o Real Decreto 278/2016, do 24 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de programas de voluntariado.

Mediante a presente convocatoria que agora se abre, ao redor de 800 persoas poderán realizar, desde xullo do 2017 ata xuño de 2018, actividades de voluntariado ambiental en 20 espazos naturais protexidos, 13 dos cales son Parques Nacionais e 7 son Centros ou Leiras adscritos ao OAPN.

Este Plan vén desenvolvendo con gran aceptación desde o ano 2002, co obxectivo de contribuír á concienciación ambiental na sociedade e á participación, en colaboración con outras institucións e organizacións pertinentes, que é un dos obxectivos da Rede Parques Nacionais.

A diferenza doutros tipos de voluntariado ambiental que promoven directamente algúns dos parques nacionais, nos que se busca a implicación de voluntarios das propias contornas, nesta iniciativa que é para toda a Rede, o que se busca é precisamente a mobilidade dos voluntarios entre parques e centros de distintos ámbitos xeográficos, de maneira que esta actividade contribúa a reforzar a Rede.

MÁIS DE 13.000 VOLUNTARIOS DESDE O INICIO DO PLAN
O investimento económico realizado durante o período 2002-2016 foi de aproximadamente 10 millóns de euros, o que permitiu a participación como voluntarios de máis de 13.000 cidadáns tanto españois como estranxeiros.

Desde o ano 2012 realízase mediante unha convocatoria de subvencións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. A esta convocatoria poden acceder as entidades e organizacións non gobernamentais que se atopen implantadas en tres comunidades autónomas e realizasen proxectos de voluntariado ambiental durante o últimos tres anos en, polo menos, tres comunidades autónomas cada ano. O prazo de presentación de solicitudes chega ata o próximo 22 de marzo.

O texto íntegro de resolución de convocatoria pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies