spot_img
InicioBaixo MiñoPiñeiro celebra a XXVI Romaría do Cabalo, a máis antiga do Baixo...

Piñeiro celebra a XXVI Romaría do Cabalo, a máis antiga do Baixo Miño

Piñeiro celebra a XXVI Romaría do Cabalo, a máis antiga do Baixo MiñoPor primeira vez haberá dous días de espectáculos, actividades e diversión para o público. Celébrase este 15 e 16 de xullo

Revista COUSAS DE Nº18

As e os amantes dos cabalos teñen unha cita ineludible esta fin de semana en Piñeiro, que acolle este 15 e 16 de xullo a XXVI Romaría do Cabalo, a máis antiga do Baixo Miño.

Por primeira vez, a romaría prepara dous días de espectáculos, actividades e diversión para todos os públicos que comezarán este mesmo sábado a partir das 20.00 h con degustación de chouripán e porco ao espeto. A gran novidade da xornada será o espectáculo nocturno de doma en liberdade a cargo de Andrea Alonso e Miguel Romero, que se estrean tamén neste tipo de exhibición nocturna. Será a partir das 23.00 horas. O fin de festa da xornada será cunha sesión guateque con DJ Tomiño ás 00.00 h.

O domingo, como manda a tradición, a xornada comezará xa pola mañá coa proba de salto (11.00 h ) e habilidades (12.00 h). A partir das 14.00 horas chegará o momento da comida campestre, que este ano contará con churrasco e pulpeiro para que o público teña maior variedade que en edicións anteriores.

Xa ás 16.00 horas comezará a xincana paralela, que este ano contará por primeira vez con premios en metálico. Ás 18.00 horas o público poderá desfrutar dun dos puntos fortes da tarde, o espectáculo cabalar ‘La magia del caballo’, a cargo do leonés Manuel Mirantes Arias. “Será un grande espectáculo con 12 cabalos, un pastor alemán, bailaríns e bailarinas… que sorprenderá sen dúbida ao público”, salientan dende a Comisión de Festas de San Lorenzo de Piñeiro, organizadores da romaría.

O fin de festa estará aberto á participación do público xeral coas carreiras de carretillas e de sacos, que tamén contará con premios para as e os gañadores.

Como explican dende a Comisión de Festas de San Lorenzo de Piñeiro, “este ano quixemos preparar unha fin de semana máis completa, permitindo ao público pasar dous días con nós desfrutando da beleza e elegancia dos cabalos, un animal moi común no noso municipio. Será unha experiencia única na que mergullarse no mundo equipo e conectar con estes incribles animais”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.