Picoña (Salceda de Caselas) reforestará os seus montes queimados con 600 árbores autóctonas

Picoña (Salceda de Caselas) reforestará os seus montes queimados con 600 árbores autóctonas

O vindeiro sábado 16 de marzo, entre as 10 e as 14 horas terá lugar unha xornada de reforestación nos montes comunais da parroquia de Picoña, a máis afectada pola vaga de lumes do 2017 no Concello de Salceda de Caselas.

A reforestación levarase a cabo mediante voluntariado, que se pode anotar xa por correo electrónico en rsc@abanca.com, ou presencialmente na Casa da Cultura Castelao de Salceda de Caselas.

Na xornada prantaranse ata 600 árbores autóctonas, e será posible grazas ao traballo conxunto da Comunidade de Montes de Picoña e o Concello de Salceda, a través do programa de reforestación financiado por Afundación, a obra social de Abanca. Tamén a Deputación de Pontevedra participa no proxecto a través do Plan Revitaliza, xa que na prantación se empregará o compost recollido nos diferentes composteiros de Salceda.

Concello e Comunidade de Montes márcanse como obxectivo reunir a 100 persoas voluntarias para esta acción de grande importancia, e lembran que o punto de encontró para o sábado 16 será o Centro Cultural de Picoña.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies