spot_img
InicioVal MiñorGondomarPermanece aberto o prazo de inscrición para o concurso-desfile de comparsas de...

Permanece aberto o prazo de inscrición para o concurso-desfile de comparsas de Entroido 2015 en Gondomar

concello-Soutomaior-abre-prazo-inscripción-programa-actividades-Entroido-2015O horario será de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar

Un ano máis a Concellaría de Festexos de Gondomar organiza o tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do ‘Entroido 2015’ que se celebrará o domingo día 15 de febreiro a partir das 16.00 horas.

Aquelas comparsas que queiran participar no desfile deberán inscribirse de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar. O prazo de inscrición rematará o venres 31 de xaneiro ás 13.00 horas

Cada comparsa, rexistradas ou informais, deberá estar composta dun mínimo de 20 persoas adultas e terá que presentar a seguinte documentación:

AGRUPACIÓNS REXISTRADAS:
. Estar rexistrada como asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
. Copia do DNI do representante legal da entidade e CIF da propia entidade.
. Unha declaración xurada de non perseguir coa actividade finalidade lucrativa ningunha.
. Certificación de encontrarse ao corrente das as súas obrigas fiscais e coa seguridade social.
. Certificado orixinal do código de Conta Cliente da entidade Bancaria

AGRUPACIÓNS INFORMAIS:
. Un certificado orixinal do código de Conta Cliente da entidade Bancaria
. Copia do DNI do representante
. Folla de firmas cuberta e completa segundo anexo

Para as comparsas máis orixinais haberá premios:
.700 euros 1º clasificada
. 600 euros 2º clasificada
. 500 euros 3º clasificada
. 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.
No caso de que o número de comparsas pre-inscritas supere o límite de
participación (15 comparsas) a Consellaría de Festexos resérvase o dereito de selección final das comparsas participantes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.