spot_img
InicioBaixo MiñoPartido de fútbol solidario en Tui

Partido de fútbol solidario en Tui

2014-10-10 15.04.25 (Copiar)

Neste encontro da división de honra xuvenil recolleranse alimentos para SOS Tomiño – Baixo Miño

Este venres, 5 de febreiro, ás 19.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o partido de fútbol sala xuvenil, da Liga Nacional de Honra, que enfrontará ao Randufe Fútsal de Tui e ao Burela Pescados Ruben.

01022016 Partido Solidario Juv Div Honor (Copiar)Este partido terá caracter solidario, en favor da asociación SOS Tomiño Baixo Miño, polo que se pedirá ao público asistente a doazón de alimentos, preferentemente leite, cacao e conservas vexetais.

Amais diferentes casas colaboradoras aportarán rosca e chocolate quente, que se venderá a un euro, e a recaudación irá dirixida a apoiar á asociación e ao club. A organización tamén entregará un regalo aos cen primeiros nenos e nenas que acudan ao pavillón.

Este será un partido de máxima rivalidade, dado que o Burela P. Rubén ocupa a segunda posición da liga, e os de Tui, que levan cinco partidos consecutivos gañando, están no sétimo posto, polo que unha victoria podería asegurar a súa participación na competición da Copa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.