spot_img
InicioAlto MinhoParticipantes no Música Nova darán un concerto este domingo 4 no Museo...

Participantes no Música Nova darán un concerto este domingo 4 no Museo Serralves do Porto

Participantes no Música Nova darán un concerto este domingo 4 no Museo Serralves do PortoAcompañarán á Escola do Rock de Paredes de Coura nunha actuación ao abeiro do ‘Serralves en Festa’, un acontecemento cultural de gran relevancia en Portugal

Revista COUSAS DE Nº17

Mozos e mozas participantes no proxecto Música Nova da Eurocidade Cerveira-Tomiño prepáranse para unha actuación única no prestixioso Museo Serralves do Porto ao abeiro da celebración anual do ‘Serralves en Festa’, un dos acontecementos culturais máis importantes de Portugal. Este domingo 4 de xuño ás 15.00 h (hora local) varios integrantes do proxecto acompañarán no escenario á Escola do Rock de Paredes de Coura para dar un concerto único no prado do parque de Serralves.

A Escola do Rock de Paredes de Coura, integrada por 40 mozos e mozas de 13 a 30 anos e coñecida polo seu enfoque na música de bandas lendarias, ofrecerá un espectáculo de balde dunha hora de duración e apto para toda a familia no que participantes no Música Nova achegarán ao público todo o aprendido e traballado nas últimas semanas.

O proxecto Música Nova, un dos dous gañadores da última edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, busca unir á mocidade da Eurocidade Cerveira-Tomiño a través dun amplo programa de actividades relacionadas coa música, como obradoiros de capacitación, miniconcertos na rúa, ensaios de diferentes estilos musicais ou a oportunidade de coñecer e interactuar con músicos profesionais de Galicia e Portugal. O obxectivo é fomentar a participación da rapazada en actividades musicais conxuntas, promovendo o intercambio cultural e xeracional.

A culminación deste programa será un concerto no SkatePark de Goián o vindeiro sábado 10 de xuño, no que participarán os mozos e mozas que integran o Música Nova, un proxecto iniciado o pasado mes de abril dentro das iniciativas de consolidación estratéxica da cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, cofinanciadas ao 75% pola 6ª Convocatoria do programa INTERREG VA ESPAÑA PORTUGAL (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.