spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda“Parte de ti”, a campaña de apoio ao rural baseada nas historias...

“Parte de ti”, a campaña de apoio ao rural baseada nas historias dos profesionais e os seus produtos celebra o seu quinto ano

parte-de-ti-a-campana-de-apoio-ao-rural-baseada-nas-historias-dos-profesionais-e-os-seus-produtos-celebra-o-seu-quinto-ano“Parte de ti”, campaña de apoio ao rural baseada nas historias dos profesionais que cos seus produtos e servizos transforman o rural, celebra o seu quinto ano

Revista Cousas de nº21

Tralo éxito dos anos anteriores, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentou hoxe na Abadía do Pelouro en Tui por quinto ano a súa campaña de sensibilización “Parte de ti”.

No acto de presentación estiveron presentes os representantes dos concellos que forman parte do GDR Galicia Suroeste Eurural e o concello de Soutomaior, o delegado da Xunta en Pontevedra, a presidenta do GDR, a representante institucional do xeodestino da Ría de Vigo e Baixo Miño, o alcalde de Tui e os dez protagonistas da campaña.

Ademais, presentouse a historia de Nuria Benlloch, Uxía Benlloch e Antía Vargas que levan a cabo o proxecto de ecoprint Las flores de Greta.

Parte de ti celebra o seu quinto ano e continúa dando a coñecer as grandes historias que hai detrás dos produtos e servizos da nosa contorna. Trátase dunha campaña enfocada a sensibilizar, concienciar e informar baseándose nas historias dos profesionais que ofrecen os seus produtos e servizos no rural. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador.

A presentación tivo lugar na Abadía do Pelouro e contou coas intervencións de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e Ana Núñez, a tenente alcalde;  da representante institucional do xeodestino da Ría de Vigo e Baixo Miño, e alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal; a presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez (non pudo asistir), no seu nombre  falou unha das responsables do GDR; do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo e de Antía Vargas, Uxía Benlloch e Nuria Benlloch, as protagonistas da historia que abrirá a campaña e que levan a cabo o seu proxecto Las flores de Greta.

parte-de-ti-a-campana-de-apoio-ao-rural-baseada-nas-historias-dos-profesionais-e-os-seus-produtos-celebra-o-seu-quinto-ano

Durante a rolda proxectouse o vídeo de presentación da campaña e unha das historias, a de Nuria Benlloch, Uxía Benlloch e Antía Vargas (https://partedeti.eurural.gal/historias/nuria-benlloch/) de Las flores de Greta, un proxecto no cal traspasan os pigmentos naturais das follas e flores a tecidos de orixe orgánica mediante o ecoprint, un proceso artesanal que utiliza as cores da natureza creando pezas únicas cheas de vida.

“Rural para nós chámase Morgadáns. Morgadáns foi, e segue sendo, a volta ó contacto cunha vida máis real, coa natureza, co recoñecemento de especies e flores, o transcurso das estacións e os cambios na paisaxe e á presenza e á aprendizaxe a todos os niveis” Antía Vargas de Las flores de Greta

Ademais da historia de Las flores de Greta ( Gondomar) presentaranse ao longo da campaña outros proxectos como A tenda do avó (Redondela), La parabólica (O Porriño), Taller de Dulces Óscar Romero (Tui), Angulas Río Miño (Tomiño), La casa taller (A Guarda) , Lorena Luthier (Soutomaior), Papelier (Baiona) e Niño do corvo (O Rosal)

Poderanse visualizar estes vídeos na web  https://partedeti.eurural.org/ e nas redes sociais de Eurural (@eurural_gdr14) .

A Asociación de Desenvolvemento (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar máis os propios concellos e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio. Esta mesma entidade xestiona o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miñono que incorpora nas súas actividades ao concello de Soutomaior.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O proxecto forma parte das medidas de animación e promoción territorial da Submedida Leader 2014 – 2020 do PDR de Galicia, que xestiona o GDR a través dun convenio de colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e cuxa financiación procede nun 75% da Unión Europea a través do Feader, nun 2,5% do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 22,5% da Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural. Nesta edición o proxecto tamén se financia en parte a través do convenio de colaboración entre o xeodestino e Turismo de Galicia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.