·Publicidade ·spot_img
InicioAlto MinhoParedes de Coura e O Rosal escenarios do segundo foro da cultura...

Paredes de Coura e O Rosal escenarios do segundo foro da cultura do Miño Transfronteirizo

O AECT Rio Minho estudará os problemas de mobilidade transfronteiriza grazas á aprobación dun novo proxecto europeoO II Culturmiño arrancou este venres na vila portuguesa reunindo a creadores e axentes culturais e persoal técnico dos concellos miñotos para crear novos actos culturais conxuntos cos que optar a fondos europeos

O Rosal e Paredes de Coura serán os dous escenarios nos que transcorran os encontros da segunda edición do  Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo, II Culturmiño, organizado polo AECT Río Minho da man da CIM Alto Minho e do Centro de Esturos Eurorrexionais (CEER) e que se prolongará durante todo o mes de maio e xuño co obxectivo de concretar propostas e iniciativas culturais conxuntas no territorio miñoto coas que optar a fondos europeos.

Dende este mesmo venres 7, axentes culturais privados, creadores do territorio galego e portugués e persoal técnico de Cultura dos concellos e cámaras municipais de ambas as dúas beiras da raia reuniranse para debater sobre cales deben ser os eventos transfronteirizos a desenvolver para mobilizar público conxunto. Nas primeiras xornadas de traballo, este venres en Paredes de Coura e o vindeiro 14 de maio no Centro Social Polivalente do Rosal, afondarase no desing thinking aplicado á creación de proxectos culturais no río Miño transfronteirizo.

O seguinte aspecto a abordar serán os proxectos de estruturación para o financiamento, tratando os aspectos críticos no desenvolvemento e xestión en Paredes de Coura e o orzamento, financiamento e comunicación no Rosal nas sesións que se desenvolverán o 21 de maio. Para finalizar , o 28 de maio farase unha análise crítica dos proxectos desenvolvidos e falarase sobre as redes internacionais para a creación e xestión de redes e proxectos europeos.

O 18 de xuño será o peche e conclusión do II Culturmiño no Rosal, onde se presentarán os proxectos deseñados polas e polos axentes culturais para, unha vez examinados e valorados, ver a posibilidade de que algún opte a fondos europeos.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies