spot_img
InicioBaixo MiñoOutubro nos Muíños do Tripes

Outubro nos Muíños do Tripes

Xornada de Portas Abertas nos muíños do Tripes, unha oportunidade para coñecer este conxunto etnográfico de gran valorA Asociación de Muiñeiros do Río Tripes organiza un calendario de rutas e visitas guiadas que terá lugar ao longo do mes de outubro no entorno dos Muíños do Tripes.
 
As rutas guiadas terán un percorrido circular e unha distancia aproximada de 9 km. A saída realizarase dende o Lavadoiro de Riomuíños, e percorreranse varios tramos do Camiño Real a Baiona para aproximarse a senda dos Muíños do Tripes. Tras percorrer os 26 muíños existentes, a ruta volverá ata o punto de inicio seguindo a canle fluvial. A duración estimada desta actividade é de catro horas.
Por outra banda, as visitas guiadas pola senda dos Muíños do Tripes terán un percorrido circular, de aproximadamente 4’5 km. A saída terá lugar no cartel de inicio da senda, no lugar do Eirado, e recorrerase integramente este lugar de alto valor etnográfico. A duración estimada da visita é de 3 horas.
 
As actividades contarán con temáticas específicas nas diferentes datas, así:
 
Os días 9 e 10, farase unha aproximación aos elementos patrimoniais polos que discorre o trazado. Orixe e creación do Camiño Real a Baiona, os muíños: tipoloxías, elementos que os
compoñen e funcionamento.
 
Na ponte do Pilar, días 11 e 12, a temática centrarase na historia e contribución da Asociación Muiñeiros do Río Tripes na defensa e conservación do patrimonio cultural do entorno do Tripes. Tamén, o luns 11, falarase da importancia da recuperación de camiños históricos.
 
Os días 16 e 17, a arquitectura e os oficios tradicionais daranlle aos asistentes unha visión diferente dos elementos patrimoniais. Arrieiros, canteiros, compostores e moitos outros oficios protagonizarán a temática desta fin de semana.
 
O 23 e 24, será no século XVIII onde se centre a mirada destas actividades. A vida nos camiños e nos muíños, a conflitividade social e a construción de moitos dos muíños da parte media do Tripes.
 
Finalmente, os días 30 e 31, rematarase esta programación de actividades con lendas, contos e cantigas. A importancia da tradición oral na nosa sociedade e a herdanza cultural que nos legaron os nosos devanceiros.
Outubro nos Muíños do Tripes
Serán un total de 10 actividades nas que se procurará contribuír á transmisión cultural deste entorno etnográfico. A pedagoxía e a concienciación no respecto ao patrimonio a través de actividades lúdicas e de ocio é un dos obxectos desta Asociación.
Este programa de actividades enmárcanse dentro do convenio de colaboración, asinado pola Asociación co Concello de Tui
Para participar nesta actividades é obrigatorio a inscrición previa no seguinte formulario. Este programa elaborouse atendendo ás normas e recomendacións no tocante ás medidas sanitarias COVID-19. Polo que, establécese un número limitado de prazas por actividade, confeccionarase un rexistro dos asistentes, adáptase o trazado e puntos de parada á necesidade de garantir un distanciamento social e utilizaranse as medidas de protección: máscara, hixiene de máns, …
- Publicidade -spot_img