spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaOutubro abre a programación cultural na Guarda da man de dos grandes...

Outubro abre a programación cultural na Guarda da man de dos grandes filmes galegos “Valentina” e “O Corpo Aberto”

outubro-abre-a-programacion-cultural-na-guarda-da-man-de-dos-grandes-filmes-galegos-valentina-e-o-corpo-abertoO ciclo Mestre Mateo retoma a programación durante a vindeira semana, proxectando a proposta infantil na tarde do sábado 7 e o thriller protagonizado por Tamar Novás na noitiña do mércores 11.

Revista COUSAS DE Nº18

No mes de outubro continúa o Ciclo de cinema galego Mestre Mateo, que a instancias  da Academia Galega do Audiovisual e da Deputación de Pontevedra dera comezo o pasado mes de xuño para achegar ata as vilas galegas unha mostra representativa do cinema que se está a facer en Galicia.

A programación prevista para este mes, inclúe a película infantil “Valentina”, gañadora do Goya 2022 á mellor película de animación que se proxectará o sábado 7 de outubro ás 18:00h. ; o thriller “O Corpo Aberto” protagonizada por Tamar Novás, que se proxectará o mércores 11 as 21:00h. e o documental “A Foreign song”, finalista da XXI EDICIÓN DOS PREMIOS MESTRE MATEO como mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor dirección de produción, que se proxectará o xoves 26 de outubro ás 20:30h.

Todas elas serán proxectadas no Centro Cultural e a entrada será de balde.

“VALENTINA”, cinema familiar para o sábado 7 de outubro (18:00h – Centro Cultural)

A película Valentina, cóntanos a historia dunha nena que soña con ser trapecista, pero cre que non o poderá conseguir por ter síndrome de Down. A súa avoa anímaa a perseverar, xa que se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible.  Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender.

Sen dúbida unha película cargada de significado e positivismo, sendo un plan perfecto para gozar en familia o próximo fin de semana.

O filme foi finalista dos XXI Premios Mestre Mateo, así como do Premio Goya 2022, ambos na candidatura de mellor longametraxe de animación. E conta cunha páxina web propia na que coñecer aos personaxes e a súa banda sonora, composta entre outros por Emilio Aragón: https://valentinafilm.es/

O Corpo Aberto, a gran gañadora dos XXI Premios Mestre Mateo.

O mércores 11 de outubro ás 21:00h. será o momento de poder gozar coa gran revelación do cinema galego do pasado inverno: “O Corpo Aberto”, que estivo nomeada ata en 19 categorías diferentes nos 37 Edición dos Premios Goya e que se fixo con ata 12 galardóns na edición 2023 dos premios Mestre Mateo. Esta película cóntanos a historia de Miguel, un profesor novo destinado a unha pequena aldea con tradicións ancestrais na fronteira de España e Portugal: Lobosandus. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño e os sucesos que o rodean levarán a cuestionarse a Miguel os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.

O ciclo continuará a partir do 26 de outubro coa proxección de tres documentais e unha película de animación para adultos. Na web ciclomestremateo.gal pódese consultar toda a información do ciclo, así como as fichas das películas e a axenda de proxeccións, que reproducimos a continuación:

  • 7 OUTUBRO, VALENTINA ás 18:00h.
  • 11 OUTUBRO, O CORPO ABERTO ás 21:00h.
  • 26 OUTUBRO, A FOREIGN SON ás 20:30h.
  • 10 NOVEMBRO, UNICORN WARS ás 20:30h.
  • 16 NOVEMBRO, ONDE MAIS DOE ás 20:30h.
  • 30 NOVEMBRO, MARÍA CASARES A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, ás 20:30h.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.