O concello de Gondomar, a través da Concellaría de Benestar Social, e en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, convoca o Programa de Balnearios “Saúde e Benestar” 2015.
O programa está dirixido a persoas maiores de 50 anos, xubilados pensionistas ou persoas que necesiten dun respiro familiar. Consiste nunha estanza de seis días e cinco noites nos Balnearios,Talasos e Spas da provincia de Pontevedra en réxime de pensión completa (bebidas incluídas), con actividades de animación sociocultural, incluíndo os traslados en autobús dende o concello de Gondomar aos destinos escollidos e viceversa.
O prezo de cada praza estará en función do balneario que se escolla e estará cofinanciado polo usuario participante e o organismo provincial, os establecementos ofertados cos seus prezos para os seis días, descontada a subvención da Deputación son os seguintes: Spa Via Argentum, Silleda, 160 €; Novo Astur,Vilalonga, 160 €; Spa Oca Galatea, Sanxenxo, 208 €; Spa Carlos I,Sanxenxo, 218 €; Talaso Atlántico, Oia, 208 €; Gran Talaso de Sanxenxo, 218 €; Talaso Louxo a Toxa, 213 €.
O prazo de presentación de solicitudes é do 12 de marzo ao 10 de abril, no departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar.