Os surfeiros dos PATOS SURF CLUB organizan por segundo ano consecutivo o aniversario da súa escola de surf (19 anos), cun reto que mestura deporte e espectáculo a partes iguais. O nunca visto no sur de Galicia: surf nocturno, ou o que é o mesmo surfear cando se poña o sol.
Ataviados cuns traxes de neopreno, aos que van engadir tubos luminosos de neón de cores moi rechamantes, uns grandes focos desde terra e unhas táboas especiais pilotadas polo equipo de NOVALBOS e os surfeiros das escolas de surf de Patos.
As táboas, doadas pola factoría PUKAS, van equipadas con luces de neón. Só hai catro táboas con estas características en todo o mundo. A factoria Pukas está a tentar revolucionar o mundo do surf con este proxecto que se basea nun sistema deLEDs , que se encargan de iluminar a táboa e así poder surfear cando está a anoitecer.
A novidade este ano é que a factoría de táboas de surf OLATU cedeu para este evento 3 táboas de surf con luces leds , dúas máis que a edición anterior.
Debido ao éxito da pasada edición a Federación Galega de surf decidiu incluíla dentro do seu calendario de actividades 2014.
A celebración estival vai ter lugar na praia de Patos- Nigrán. Ao espectáculo visual hai que engadir a dificultade técnica para poder afrontar ondas coa visibilidade case nula da noite Nigranesa. Trátase sen dúbida de todo un agasallo para a vista, tanto para os seguidores deste deporte como para calquera outro afeccionado.
Desenvolvemento do evento: O evento terá lugar o luns 1 de setembro diante das escolas de surf da praia de patos, como esta vez temos 3 táboas o noso equipo de surf realizase unha exhibición e tentaremos facer un par de mangas de campionato nocturno de surf e tamén teremos a DJ Franco Trilusa para amenizar a velada.
Info e inscricións: Para poder participar neste evento é imprescindible estar federado.
Máis información ou inscricións na escola PATOS SURF na praia de Patos ou na tenda NOVALBOS en Vigo.
Horarios: O evento comezase sobre as 22:00h do día 1 de setembro e terminase sobre a 1 da mañá, terá unha duración aproximada de 3 horas
Contaremos coa presenza de ASIER MUNIAIN, un surfeiro vasco que baixa ondas xigantes
Organiza – Patos surf club – Concello de Nigrán – Federación Gallega de Surf-Diputación de Pontevedra
Contacto:
Para máis información do evento podedes chamar ao seguinte número:
Pedro Novalbos : 630954691