spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs nenos do Campus de Baloncesto do Concello de Baiona participan na...

Os nenos do Campus de Baloncesto do Concello de Baiona participan na campaña “Ponlle ás pilas ao teu bocata”

nenos-Campus-Baloncesto-Concello-Baiona-participan-campaña-Ponlle-ás-pilas-ao-teu-bocata

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Alumiña acompañado do Secretario Xeneral do Mar, Juan Maneiro, participaron esta mañá nos talleres da campaña “Ponlle ás pilas ao teu bocata” xunto a 55 nenos do Campus de Baloncesto do Concello de Baiona no Pavillón de Deportes. Esta iniciativa pretende promover o consumo de conservas na dieta dos máis pequenos, achegándoas ao seu mundo dun xeito ameno e aumentando o seu coñecemento e interese por este produto.

Nos talleres, os nenos baioneses coñeceron máis sobre os valores nutritivos das conservas, así como as súas distintas formas de presentación. Tamén realizaron actividades de elaboración de bocadillos de conservas nas que buscaron a súa maridaxe con produtos da terra. Ao remate, os nenos recibiron uns regalos de promoción, entre os cales se inclúe un pequeno receitario. Os pequenos tamén puideron gozar de xogos e actividades informativas a través das cales descubriron dunha forma divertida os beneficios de consumir peixe en conserva.

A campaña pretende ter unha continuidade máis alá dos talleres a través dunha unidade didáctica dirixida a etapas de primaria que ten como finalidade fomentar unha alimentación sa e equilibrada.

A actividade é promovida pola Consellaría de Medio Rural e do Mar en colaboración con ANFACO-CECOPESCA.nenos-Campus-Baloncesto-Concello-Baiona-participan-campaña-Ponlle-ás-pilas-ao-teu-bocata

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.