spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs Nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona gozan dunha...

Os Nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona gozan dunha mañá moi especial

Nenos-Escola-Verán-Concello-Baiona-gozan-dunha-mañá-moi-especial

Ás 11:00 da mañá a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mª Jesús Martíns Passos, recibiu na casa do concello a visita de 60 nenos da Escola de Verán do colexio Covaterreña. Os pequenos coñeceron en primeira persoa, in situ, o funcionamento do seu concello. Unha oportunidade para coñecer de preto a institución e o seu edificio nobre xa que se sentaron nas cadeiras que ocupan os grupos municipais no pleno.

Sorpresa e curiosidade a partes iguais debuxábanse nas súas caras cando a edil lle explicaba o funcionamento deste órgano, no que se debaten e analizan as diferentes propostas dos grupos políticos que compoñen a corporación local e se deciden e aproban as actuacións a executar polo Concello.

O momento máis entrañable tivo lugar cando os pequenos fixeron unha batería de preguntas á concelleira sobre unha ampla variedade de temas relacionados co municipio e o día a día

O momento máis entrañable tivo lugar cando os pequenos fixeron unha batería de preguntas á concelleira sobre unha ampla variedade de temas relacionados co municipio e o día a día. Martíns Passos manifestou que “é importante que as xeracións máis novas de Baiona coñezan todo o que facemos no noso día a día para facer máis habitable o pobo e, sobre todo, que nós aprendamos deles e escoitémolos”. Tras a visita á casa consistorial os pequenos dirixíronse o Mueso Casa de la Navegación onde moi atentos escoitaron as explicacións da técnica de turismo que lles explicou a vinculación de Baiona co mar ao longo dos séculos. Despois desta visita, os nenos visitaron a Carabela pinta onde dunha forma divertida coñeceron a historia do descubrimento de América.

Niños Escuela de Verano CEIP Sabarís (Copiar)

Á mesma hora os nenos da Escola de Verán do colexio de Sabarís visitaban o centro de día para maiores e persoas dependentes do municipio. Os pequenos pasaron unha mañá acompañando os usuarios que os recibiron moi entusiasmados. Ambos os dous compartiron varias actividades. Os máis pequenos cantáronlles aos residentes unha bonita canción sobre unha hormiguita que fixo levantar das cadeiras aos maiores os que moi ilusionados acompañaban con palmas ao compás. Tamén colaboraron xuntos en diversos xogos como os birlos, a petanca…Además, fixeron varios exercicios de ximnasia cos que pequenos e maiores se divertiron e riron moito.

Os anciáns sorprenderon os nenos ao descubrirlles un pequeno horto escondido tras o edificio que alberga o centro. Leitugas, tomates, pementos, guisantes…los maiores explicaron pacientemente os coidados diarios do pequeno horto que con moito cariño plantaron.

A fisioterapeuta do centro manifestou que este tipo de actividades nas que os usuarios do centro participan con nenos é moi enriquecedora: “Con estas actividades, os usuarios distráense cos nenos e móstranse enormemente agradecidos pola visita”.

Os pequenos ademais de pasar un mañá diferente e divertirse aprenderon unha valiosa lección ao compartir experiencias con estas persoas que dende os seus asentos esbozaban un gran sorriso ao considerar a vitalidade e o entusiasmo co que os nenos se implicaban con todos e cada un deles.

- Publicidade -spot_img