spot_img
InicioVal MiñorGondomarOs gondomareños Juan Rodríguez Bas e Noelia Andrés Oliveira obtiveron o segundo...

Os gondomareños Juan Rodríguez Bas e Noelia Andrés Oliveira obtiveron o segundo premio do programa Xuventude Crea 2023 na categoría de Danza Moderna

os-gondomarenos-juan-rodriguez-bas-e-noelia-andres-oliveira-obtiveron-o-segundo-premio-do-programa-xuventude-crea-2023-na-categoria-de-danza-modernaA Xunta deu a coñecer onte aos gañadores da edición deste ano do programa Xuventude Crea na categoría de Danza Moderna. Javier Vázquez Gundín (Sada) fíxose co primeiro posto coa peza ‘Tempus fugit’ .

Revista Cousas De Nº19

A parella formada por Juan Rodríguez Bas e Noelia Andrés Oliveira (Gondomar) obtiveron o segundo premio coa representación de ‘Corpo, liña, espazo’. O xurado decidiu que o terceiro posto o compartiran a parella formada por Carlota Paz Álvarez e Claudia Fusté Zaragoza (Lugo), coa danza ‘Identidade’, e Fátima Castro González (A Guarda), con ‘Diario de Ana Frank’.

O gañador recibirá un premio en metálico de 3.000 euros, os segundos clasificados levarán 1.500 euros e os terceiros, 1.000 euros.

O programa Xuventude Crea, que este ano celebra a súa edición número catorce, supón un apoio ao talento e creatividade da mocidade galega. Nesta convocatoria de 2023 danse cita preto de 350 participantes nas súas diferentes categorías: arte urbana, teatro, música, fotografía, artes plásticas, cociña, videocreación, banda deseñada, novela curta, poesía, danza moderna, deseño de xoias, moda e creación de videoxogos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.