spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaOs Concellos da Cañiza e Covelo únense para poñer en marcha...

Os Concellos da Cañiza e Covelo únense para poñer en marcha o programa de igualdade “Clara”

os-concellos-da-caniza-e-covelo-unense-para-poner-en-marcha-o-programa-de-igualdade-claraUn programa que estará destinado a favorecer a inserción social e laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de especial vulnerabilidade, empadroadas nos Concellos da Cañiza e de Covelo.

Revista Cousas de nº21

Así o comunicaron os seus Alcaldes, Luis Piña e Pablo Castillo esta mañá, despois de terse publicado no DOGA do 2 de maio a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade da  Xunta pola que se lle concede aos dous Concellos unha axuda de 16.420,80 € ao abeiro das subvencións para a promoción da igualdade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

A Cañiza e Covelo asinaron o pasado mes de marzo o convenio e a proposta de colaboración nos respectivos plenos extraordinarios. Neste texto quedaron fixados os obxectivos e as liñas necesarias para solicitar conxuntamente a subvención.

A axuda notificada o pasado venres,  contribuirá a por en marcha o programa «CLARA», na honra de Clara Campoamor (1888-1972), abogada, escritora, política e defensora dos dereitos da muller española.

Luis Piña e Pablo Castillo avanzaron que “a subvención de 16.420,80€ cubre o 100% do investimento, sen que os Concellos teñan que aportar ningún recurso propio. Na Cañiza o Servizo estará en funcionamento 3 días á semana e en Covelo 2 días semanais.

Ademáis o Programa estará xestionado por unha empresa especializada baixo o control dos dous concellos, sendo A Cañiza a entidade tramitadora, responsable da contratación do Servizo.

PROGRAMA  DE IGUALDADE «CLARA»

  • O programa baséase en accións de empoderamento, de atención, orientación e acompañamento de calidade para a mellora da situación persoal, social e laboral das mulleres e das persoas que dependan delas, incluíndo as súas fillas e fillos.
  • O núcleo de «CLARA» está formado por ASESORAMENTO XURÍDICO e PSICOLÓXICO proporcionado por expertas en dereito e en psicoloxía con perspectiva de xénero, estas actividades realizaranse a demanda de forma presencial e en liña totalmente privada
  • Desenvolverase un labor de sensibilización e formación en materia de igualdade, historia das mulleres e do feminismo, debido a que non se pode reivindicar o que non se coñece. Ésta é  unha actividade fundamental para o empoderamento das mulleres e nenas.
  • En materia de coidados e autocuidado teremos talleres de formación e de minfuless para traballar a concentración, aprender a controlar o estrés, o duelo, a enfermidade, etc.
  • Nos colexios de secundaria e bacharelato desenvolverase un taller innovador de “Ciberdelitos de natureza sexual”, que xa foi probado con éxito en IES de distintas partes de Galicia  e que se reforzará cunha guía sobre sexting, grooming, stalking…
  • Analizarase a economía, nichos de emprego e movementos sociais nos dous Concellos, co fin de realizar  ITINERARIOS PROFESIONAIS adaptados á contorna no que se desenvolven as mulleres participantes, as cales realizarán o seu CV baseándose en competencias e habilidades . Visitaremos conxuntamente coas mulleres de Covelo empresas da zona e da Plisan para que aprendan a comunicarse e aumente a súa autoestima

Os dous Concellos realizarán reunións periódicas de información e coordinación para optimizar ao máximo o rendemento do programa.

- Publicidade -spot_img