Os Concelleiros de Medio Ambiente de O Rosal, Charo Tabales e de Santa María de Oia, Gerardo Rodríguez, xunto co seu homólogo na Guarda, Paulino Rodríguez, visitaron, como xa o fixeron concelleiros doutros municipios coma Vila de Cruces con anterioridade, o Punto Limpo guardés.
Nesta visita ambos Concelleiros interesáronse pola xestión deste equipamento ambiental de titularidade e competencia municipal.
Durante esta visita, que durou máis dunha hora, Paulino Rodríguez foi mostrando cada un dos espazos do Punto Limpo da Guarda e explicando como funciona a súa xestión. Así, o Concelleiro de Medio Ambiente Guardés, mostroulles como fan a separación entre os diferentes plásticos, os televisores e frigoríficos, os cristais planos ou as televisións. Ademais Paulino Rodríguez foi comentándolle a maneira que o goberno guardés ten para xestionar cada un dos residuos.
O Punto Limpo da Guarda está considerado como un dos mellores xestionados de toda Galicia. O seu eficiencia e sustentibilidade e froito tanto do traballo do goberno municipal como da colaboración cidadá e das campañas de concienciación.
Paulino Rodríguez resaltou o compromiso dos veciños e veciñas da Guarda. “A xente está concienciada e iso é moi importante. Aínda así, sempre hai que traballar en diferentes campañas para que cada vez máis xente leve os seus residuos o punto limpo”, afirmou, na visita, o Concelleiro de Medio Ambiente.
Así mesmo, na visita, intercambiaron opinións sobre o compostaxe, falando, por exemplo de darlle unha saída a poda e a herba da sega dos xardíns.
Na actualidade, o Punto Limpo da Guarda, xa conta cun espazo onde se almacena este residuo para o seu compostaxe.