spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaORPAGU convoca o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar”

ORPAGU convoca o VII Certame Literario “Homes e Mulleres do Mar”

orpagu-convoca-o-vii-certame-literario-homes-e-mulleres-do-marA organización de palangreiros guardeses anima á mocidade galega de entre 10 e 12 anos a participar no concurso cun relato sobre a vida mariñeira

Revista Cousas de Nº24

A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) convoca a sétima edición do Certame Literario X.C. Gómez Alfaro “Homes e Mulleres do Mar”, unha iniciativa dirixida á mocidade galega co obxectivo de fomentar a escritura creativa en galego e manter viva a memoria e o legado do mundo mariñeiro.

O certame leva o nome do profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro, nado nas Chabolas (Sanín, Ribadavia) en 1949 e finado na Guarda en 2008. Gómez Alfaro foi un destacado poeta galego, autor de obras como As labaradas da lembranza e Mar aberto, e recoñecido con premios como o Premio Cidade de Ourense. O seu compromiso coa cultura e a literatura galega deixou unha fonda pegada, e ORPAGU honra o seu legado a través deste certame.

Nesta edición, poden participar nenos e nenas de 10 a 12 anos de toda Galicia cun relato de ficción en galego, que teña como tema central os homes e mulleres do mar. Os traballos deberán ter entre dous e seis folios, presentarse por triplicado, sen asinar e en formato papel, e entregarse na sede de ORPAGU (Rúa Manuel Álvarez, 16 – baixo, A Guarda) entre o 1 e o 30 de abril.

O xurado, composto por Manrique Fernández, xornalista e escritor; María Díaz, directora dos informativos matinais da Cadena Ser en Vigo; e Joaquín Cadilla, presidente de ORPAGU e tamén autor do poemario Palabras como corpos prata, valorará a orixinalidade, a expresividade e a calidade narrativa dos relatos.

A persoa gañadora recibirá unha tablet, un galardón conmemorativo e un lote de libros, que se entregarán o 7 de xuño nun acto público na sede da organización. O fallo do xurado farase público o 16 de maio, tanto na web de ORPAGU (www.orpagu.com) como en ORPAGU Educativo.

Con este certame, ORPAGU reforza o seu compromiso coa difusión da cultura mariñeira e da lingua galega, impulsando espazos onde a infancia poida expresarse e conectar co mar tamén desde a imaxinación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.