O Club Deportivo Miño foi o mellor equipo, terminando en cuarta posición.
Na localidade leonesa de Sabero se disputou o pasado fin de semana a terceira competición da XI liga nacional de slalom olímpico “Manuel Fonseca” onde desprazáronse cinco clubs da comunidade en busca das medallas para repartir.
A clasificación xeral por clubs deixounos ao Club Deportivo Miño moi preto o podio ao ocupar a cuarta posición, a sétima posición foi para o Piragüismo Penedo, décimo sería o C.D.M. Dumbría, duodécimo o Tea de Mondariz e décimo terceiro o S.A.B. Sen Siras.
A categoría cadete foi a que máis medallas concentrou, Ainhoa Lameiro do Piragüismo Penedo conseguía o dobrete ao gañar tanto en C1 como en K1, acompañáronlle no podio Sara Bugarín do Tea de Mondaríz que foi segunda en C1 e Lorena Costa do Dumbría que tamén terminou a proba na segunda praza en K1, Miguel Angel Lorenzo do Penedo acabou segundo en C1 cadete e Jorge Quintáns do Sen Siras terceiro en k1
O xuvenil Manuel Ochoa que padeeiro do Deportivo Miño gañou a proba do K1 cun tempo que superou a todos os participantes da categoría senior, o seu compañeiro de equipo Brais Castro foi terceiro na proba de C1.
Luís Fernández deportista do Deportivo Miño levou a vitoria na regata de C1 senior, xa na categoría veterano as medallas foron para Aarón Rey do Sen Siras que foi primeiro en K1 seguido de Emilio Rodríguez do Deportivo Miño.
A seguinte competición da liga será o 24 de xullo na localidade leridana de Sort na que será a última proba do ano.




