spot_img
InicioBaixo MiñoOia pon en marcha unha aula de novas tecnoloxías na antiga biblioteca

Oia pon en marcha unha aula de novas tecnoloxías na antiga biblioteca

Oia pon en marcha unha aula de novas tecnoloxías na antiga bibliotecaO Concello de Oia vén de reformar e mellorar o local do baixo do Consistorio que funcionaba como biblioteca co obxectivo de convertelo nun novo espazo dedicado ás novas tecnoloxías.

Revista COUSAS DE Nº13

Esta transformación permite contar con espazo máis amplo, accesible e versátil que o anterior e suporá para a veciñanza unha mellora no acceso e emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).

A Aula de Novas Tecnoloxías de Oia conta cunha zona equipada con ordenadores a disposición da veciñanza, onde tamén se porá en marcha o programa de formación Aula Mentor. Ademais, dispón dunha sala de estudo separada da sala de informática.

Estas novas dependencias están xa a disposición do público, que poderá empregalas de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Accesibilidade e versatilidade

No tocante á accesibilidade, as obras realizadas permitiron dotar á aula de novas tecnoloxías dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida e construír un novo punto de entrada. Deste xeito, ademais do acceso habitual a través da rúa, agora existe un segundo desde o interior do Concello.

 

O novo equipamento municipal tamén mellorou en canto á versatilidade dos seus espazos, permitindo diferentes formas de ser aproveitado. Incluso admite distintos usos simultáneos e separados, segundo a disposición ou cambio do mobiliario que se realice en cada momento.

A Administración local financiou esta actuación integramente a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, cun orzamento total de 52.047,09 euros que inclúen as obras, a redacción do proxecto e máis a dirección de obra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.