Con motivo do período vacacional do mes de Agosto, na que a gardaría infantil “Galiña Azul” permanece pechada, o Concello de Baiona iniciou a obras, tal e como anunciara anteriormente o alcalde D. Jesús Vázquez Almuíña.
A obra consistirá principalmente na impermeabilización das cubertas, melloras de illamento térmico, así como a reparación dos danos producidos por filtracións en madeiras e pintura.
A devandita obra será totalmente financiada polo Concello de Baiona sendo o seu importe de 32.462,76 €, procedente do aforro do presuposto do ano pasado.
A Concellaría de Educación continúa no camiño de priorizar naquelas actuacións que melloren a seguridade e benestar dos escolares, é por iso que dende o pasado mes de Julio la Galiña Azul dispón tamén de toldos nas aulas onde os bebés toman a sesta, actuación que evita que a temperatura se eleve en momentos de intensa calor, cuxo custo foi financiado integramente polo Concello.
Os traballos de reparación e mellora das instalacións finalizarán nun mes, polo que, en Setembro os máis pequenos poderán comezar o curso con total normalidade, tendo rematadas todas as obras que afecten ao interior.



