spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Concello de Gondomar solicita a colaboración veciñal para manter as zonas...

O Concello de Gondomar solicita a colaboración veciñal para manter as zonas públicas limpas de residuos

O Concello de Gondomar solicita a colaboración veciñal para manter as zonas públicas limpas de residuosUnha brigada do Concello comezou hoxe os traballos de valado e sinalización de zonas de recollida de residuos nas parroquias de Donas e Borreiros, empezando no barrio de A Sermán.

Os traballos continuarán por todas aquelas zonas nas que se precise actuar.
Juan Carlos González Camesella, concelleiro de Medio Ambiente, solicita a colaboración cidadá para que estas zonas, unha vez axeitadas, se manteñan limpas. Para iso procederase á sinalización informando sobre boas prácticas para depositar os residuos, ademais do punto limpo do municipio.

O Punto Limpo de Gondomar sitúase na parroquia de Vincios e alí pódense depositar practicamente calquera tipo de residuo (lavadoras, colchóns, mobles, podas, etc). É un servizo gratuíto para os/as veciños/as operativo en horario 16.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 14.00 horas os venres e sábados. Para maior información sobre o Punto Limpo chamar ao teléfono 986 360 125.

Por outra parte, Camesella informa de que a xefatura da Policía Local de Gondomar emitiu un informe para a apertura dun expediente sancionador contra un veciño de A Ramallosa (Nigrán) polo abandono de residuos non asimilables a domésticos fóra dos colectores, no barrio de Guntín na parroquia de Borreiros.

Dado que nas parroquia de Donas e Borreiros deposítase gran cantidade de residuos fóra dos colectores, a Policía Local vixiará estas zonas e denunciará a todas aquelas persoas que abandonen residuos na vía pública.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.