spot_img
InicioVal MiñorBaionaObras de mellora na gardaría infantil de Baiona(Galiña Azul)

Obras de mellora na gardaría infantil de Baiona(Galiña Azul)

Galiña Azul1Finalizaron as obras da escola infantil “Galiña azul”, que coincide co inicio do curso con total normalidade, o Concello coa actuación na cuberta e no illamento térmico, mellora considerablemente o uso cotián así como o ben estar dos máis pequenos.

A obra consistiu principalmente na impermeabilización das cubertas, melloras de illamento térmico, así como a reparación dos danos producidos por filtracións en madeiras e pintura.

A obra que durou un mes ascende a 32.462,76 euros, con cargo ao orzamento municipal procedente do remanente do ano anterior, sendo adxudicataria a empresa Construcións Coperfi SL.

Coas actuacións de mellora e seguridade que se levaron a cabo desde o pasado mes de xullo, a Galiña Azul dispón tamén de toldos nas aulas onde os bebés toman a sesta, actuación que evita que a temperatura se eleve en momentos de intensa calor, cuxo custo foi financiado integramente polo Concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.