spot_img
InicioVal MiñorGondomarCatro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo

VII Premio de Poesía Victoriano TaiboFinalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.
O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, deliberou este luns 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente o vindeiro venres cando o xurado emita o seu veredicto final.

- Publicidade -spot_img