spot_img
InicioBaixo MiñoO Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño avanza no seu Plan...

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño avanza no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTD

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño avanza no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTDAs alcaldesas, alcaldes e representantes dos catorce concellos que forman parte do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño déronse cita no Salón de plenos do Concello de Tomiño

Revista COUSAS DE Nº18

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño acadou unha subvención de fondos europeos por valor de 1,5 millóns de euros ao abeiro da convocatoria extraordinaria do ano 2022 de Plans de Sostibilidade Turística en Destino PSTD, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e do Fondo Next Genertion EU.

O encontro estivo presidido por Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, entidade que coordina o Xeodestino, e por Juan González, alcalde de Nigrán e representante institucional do Xeodestino.

Durante a reunión sentáronse as bases e concretouse a folla de ruta dos vindeiros meses, constituiuse un equipo de traballo e preparouse a firma do convenio que permitirá seguir avanzando na execución do PSTD “A Despensa de Galicia”, que porá en valor a calidade e diversidade dos produtos do territorio.

“Estamos nun momento moi importante no desenvolvemento dos territorios e desde Eu Rural soubemos ver a oportunidade para acadar financiación dos fondos europeos que permitirán seguir mellorando o noso turismo e os nosos municipios” declaraba a presidenta de Eu Rural, Sandra González.

Deste xeito, os concellos que conforman o Xeodestino (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Oia, Tui, Gondomar, Baiona, Nigrán, Porriño, Mos, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior) pechan o mes de xullo dando un paso máis na súa estratexia turística común.

“A Despensa de Galicia” é un proxecto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, pertencente aos Plans de Sostibilidade Turística en Destino PSTD, financiado polo Fondo Next generation EU.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.