spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Xardín con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior enriquécese coa...

O Xardín con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior enriquécese coa chegada da nova camelia “María Casares”

O Xardín con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior enriquécese coa chegada da nova camelia "María Casares" A Deputación conmemorará o próximo martes o centenario do nacemento da actriz galega. Carmela Silva: “Queremos que haxa grandes referentes que sirvan a outras mulleres a querer ocupar espazos como o ocupou María Casares”

Revista COUSAS DE Nº15

A “grandísima e recoñecidísima” actriz galega, María Casares, terá unha camelia co seu nome no Xardín de Camelias con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior. A presidenta da Deputación Carmela Silva, sinalou que “temos moita necesidade de celebrar ás mulleres”, e recordou que, “queremos que haxa grandes referentes  que sirvan a outras mulleres, para querer ocupar os espazos como ocupou María Casares”.

Así, a institución provincial, ao fío do centenario do nacemento da actriz, celebrará un acto o próximo martes 22 de Novembro no Salón do Tapiz do Castelo no que a actriz Paula Sanmartín, caracterizada de María Casares, interactuará co público e ofrecerá un monólogo, acompañada polo pianista Martín Rodríguez, que coa súa música de fondo evocará o ambiente musical dos bares da época en París, onde Casares viviu e traballou.

Despois, plantarase no xardín a nova  camelia María Casares. Trátase dun exemplar de xapónica de cor rosa cun tamaño de pequeno a mediano. Foi orixinada por Begoña Franco no terreo do Chazo en Boiro, A Coruña, a partir dunha semente de camelia xapónica. A súa floración é moi temperá e duradeira, comeza en outubro e esténdese ata maio. A  flor da actriz será a novena camelia no xardín con nome de muller do Castelo, sumándose aos nomes de María Vinyals, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Jane Andresen, Juana de Vega, Jimena Fernández de la Vega,  Sofía Novoa e Bella Otero.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.