Inicio Galicia O X Festival Internacional ‘Rebulir’ premia o labor de Kepa Junkera e...

O X Festival Internacional ‘Rebulir’ premia o labor de Kepa Junkera e María do Ceo en prol da difusión da cultura galega

o-x-festival-internacional-rebulir-premia-o-labor-de-kepa-junkera-e-maria-do-ceo-en-prol-da-difusion-da-cultura-galegaO Festival Internacional Rebulir (FIR) celebrou hoxe a súa décima gala coa entrega dos premios desta edición de 2015 ao acordeonista vasco Kepa Junkera e á fadista lusa María do Ceo, en ambos os casos polo seu labor en prol da difusión da cultura tradicional galega. Ademais, entregouse un premio especial a un membro da organización do FIR en recoñecemento do labor desenvolvido nestes anos. A Xunta é unha das entidades que apoia a celebración deste festival, organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense.

A gala de hoxe uniu sobre o mesmo escenario a agrupacións folclóricas de Galicia, País Vasco, Comunidade Valenciana, Asturias, Portugal e Colombia; e pechouse coa entrega de premios. Nela participaron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e a delegada da Xunta na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

O apoio da Xunta a este festival ten como obxectivo dar visibilidade ás iniciativas que promoven a irmandade entre folclores, así como ás agrupacións que traballan en prol da recuperación, conservación e divulgación da música e costumes tradicionais.

Conservación do folclore
Na gala desta tarde a provincia ourensá estivo representada por ‘Rebulir’ (Ramirás) e ‘Candaira’ (Castrelo do Val), ambos os dous colectivos de creación relativamente recente que teñen como obxectivo recuperar e difundir as tradicións e costumes galegos. Representando a Euskadi participou no evento ‘Gaztedi Dantzari Taldea’, grupo de danzas vascas creado no ano 1951 no barrio bilbaíno de Santutxu; mentres que a participación valenciana correu a cargo de ‘Danses i Cançons’ (Castalla, Alacante), fundado no 1948 co fin de transmitir o importante legado cultural da Comunidade ás seguintes xeracións. Ademais, os asistentes ao acto puideron gozar das interpretacións do cantante e músico Héctor Braga e o gaiteiro Álvaro Álvarez – gañador do prestixioso trofeo McGrimmon do Festival de Lorient-, ambos os dous asturianos.

Xa no ámbito internacional, a tarde estivo amenizada pola ‘Agrupación Etnográfica Vila Praia de Áncora’ (Caminha, Portugal), recoñecida como institución de Utilidade Pública e merecedora da Medalla de Mérito Cultural da Câmara Municipal de Caminha; e por ‘Nativos de Macondo’, grupo nacido hai 15 anos coa intención de conservar e divulgar o rico folclore colombiano.

O FIR 2015 mestura tradición musical e gastronómica cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos que implican tanto ao concello de Ramirás como a toda a comarca. Deste xeito, a programación incluíu a celebración do obradoiro ‘Aprendemos o mundo’, no CEIP Rogelio García Yañez (Ramirás) e a exposición ‘As Imaxes do Alén’, que poderá visitarse no Centro Cultural O Picouto ata o 31 de decembro. Ademais, esta tarde antes da gala puidéronse desgustar produtos típicos das comunidades e países participantes na mesma.

O festival pecharase mañá domingo con actividades de animación e cunha Jam Sesion Intercultural no local ‘América’ de Celanova.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies