spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Virazón gaña a liga SabadellGallego Clase J80 do Monte Real Club...

O Virazón gaña a liga SabadellGallego Clase J80 do Monte Real Club de Yates de Baiona

virazon-gana-a-liga-sabadellgallego-clase-j80-do-monte-real-club-de-yates-de-baiona
O Virazón patroneado por Miguel Lago

O barco patroneado por Miguel Lago alzouse coa vitoria do campionato tras impoñerse en tres das catro xornadas de probas celebradas na baía de Baiona

Colocouse líder desde a primeira xornada de probas celebrada o pasado 17 de outubro e ningún outro barco foi capaz de desbancalo desa primeira posición nas tres xornadas restantes. Tras demostrar o seu poderío na auga, o Virazón, patroneado por Miguel Lago, con Juan Lago, Javier Lago e Gerardo Alonso a bordo, alzouse coa vitoria da liga SabadellGallego Clase J80, organizada polo Monte Real Club de Yates de Baiona

Fíxoo onte na baía de Baiona, na cuarta e última etapa do campionato, que se disputou durante 2 horas cunhas condicións ideais para a competición. Sol, bo mar e un vento duns 15 nós de media, con picos de ata 19, permitiron aos J80 navegar con facilidade entre abóialas colocadas polo comité para marcar os bastóns do percorrido.

Pepe Celada de Sabadell Galego entrega o primeiro premio a a tripulación do Virazón
Pepe Celada de Sabadell Galego entrega o primeiro premio a a tripulación do Virazón

Das tres probas celebradas esta tarde, o Virazón gañou dous e o Luna Nueva unha. Os de Juan Luís Tuero realizaron unha fantástica regata e ese primeiro posto e os dous segundos que lograron nas outras probas permitíronlle ascender un posto na xeral.

Así as cousas, e tras sumar os resultados de onte cos das xornadas anteriores, a clasificación final quedou liderada, como dicimos, polo Virazón, que se fixo co ouro da liga. O Luna Nueva de Juan Luís Tuero, Miguel Cidrás, Rogelio Torres e Pedro Núñez fíxose coa prata, e o bronce foi para o Alumisel de Guillermo Caamaño, Marcos Alonso, José Quiñones e Jacobo Veciño.

virazon-gana-a-liga-sabadellgallego-clase-j80-do-monte-real-club-de-yates-de-baiona

Completan a clasificación o Pazo de Cea de María Campos, o Namasté de Luís de Mira e o Ferralemes de Enrique Porto.

A liga de J80, patrocinada por SabadellGallego, coa colaboración de Vitaldent e a Xunta de Galicia, tiña entre os seus obxectivos o dar a coñecer esta clase de barcos en Galicia, e impulsar a súa participación en regatas.

Á entrega de premios celebrada no Monte Real Club de Yates de Baiona, asistiu Pepe Celada, en representación do patrocinador SabadellGallego, Raúl Costas, concelleira de actividades marítimas de Baiona, e Genoveva Pereiro, vicecomodora do Monte Real Club de Yates

A próxima cita coas competicións do Monte Real será o próximo mes de xaneiro coa liga de Inverno, organizada tamén en exclusiva para barcos da clase J80.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.