Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán fumiga 18 niños activos de avispa asiática en só dous días,...

Nigrán fumiga 18 niños activos de avispa asiática en só dous días, nunha acción sen precedentes

nigran-fumiga-18-ninos-activos-de-avispa-asiatica-en-so-dous-dias-nunha-accion-sen-precedentes

Unha patrulla da empresa pública Tragsa fumigou entre o mércores e xoves desta semana 18 niños de avispa asiática localizados no municipio de Nigrán, o número máximo de exterminios ata a data. Estes atopábanse na rúa Rosalía de Castro, zona do río Muíños, Porto do Molle, Parada, San Pedro, Camos e Ceán. Os traballos de desinsectación foron supervisados polo concelleiro de Sanidade e apicultor Alfonso Vázquez, quen mantén un censo con todos os avisperos activos e, por tanto, avisa á Xunta e dirixe sempre aos operarios a cada un deles. “O seu labor é imprescindible para que Nigrán dea unha resposta rápida a un problema como este, a diferenza do que sucedía antes, estamos a actuar de maneira case inmediata grazas ao seu constante labor de procura, detección, aviso e acompañamento en caso de detectar un. O noso obxectivo é que, ademais, se retiren primeiro os que están próximos a zonas poboadas”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

A zona do Río Muíños entre Praia América e Porto do Molle é a máis afectada. Ademais dunha pértega de 20 metros, en varios casos foi necesario o uso do guindastre municipal debido á súa gran altura

A día de hoxe, o edil ten rexistrados outros oito nos que Tragsa debe actuar, pero ao mesmo tempo a empresa tamén ten localizados outros distintos “porque a Xunta pásalles a eles a información se algún particular avisa”. No caso concreto de Nigrán, seguindo os criterios do edil, se fumigan os niños pero non se retiran da árbore, simplemente márcase o tronco con spray para saber que se actuou. “Se se deixan no seu sitio as avispas que volven de pastorear métense dentro e morren envelenadas, pola contra sobreviven e constrúen outro”, sinala Vázquez.

A ausencia de baixas temperaturas ata a data motivou que a maioría dos niños continúen activos, algo moi pouco común nigran-fumiga-18-ninos-activos-de-avispa-asiatica-en-so-dous-dias-nunha-accion-sen-precedentesnesta época do ano. Este factor, unido á procura de humidade por parte dos insectos, explica que a maior parte deles atópense en árbores da zona do Río Muíños entre Praia América e Porto do Molle, aínda que tamén se instalan noutros puntos con regatos en Camos ou Parada. Precisamente, ao ser o amieiro unha especia común nos ríos, moitos se localizan aí a gran altura, polo que é imprescindible o uso dunha pértega de 20 metros e, nos casos máis extremos, a maiores tamén hai que empregar o guindastre municipal. A técnica consiste en picar o niño cunha pértega que finaliza en forma de lanza e que, ademais, leva encostada un pequeno tubo polo que se inxecta o insecticida unha vez perforado o niño. A desinsectación é levada a cabo por dous operarios de Tragsa, cos que colaboran outros dous operarios municipais se é necesario ademais empregar o guindastre. En casos puntuais non se puido actuar porque non existen medios para alcanzar tanta altura. “A nosa prioridade son os que se atopan preto de zonas habitadas, por exemplo, no parque de San Pedro había un moi pequeno, pero se fumigou en canto sóubose porque é un sitio onde acoden moitos  nenos”, explica.

nigran-fumiga-18-ninos-activos-de-avispa-asiatica-en-so-dous-dias-nunha-accion-sen-precedentesO Val Miñor e a costa de Lugo son dúas das zonas máis afectadas de Galicia. “No caso concreto de Nigrán hai máis niños que nunca porque ata a data practicamente non se fixo nada, retiráronse moi poucos e aínda encima non era a solución porque as avispas volven construír outros”, expón Vázquez.

A vespa velutina chega no ano 2004 de maneira accidental a Francia procedente de China e avanza un 100 km/ano, detectándose por vez primeira en España en 2010 e concretamente en Galicia en 2013. É fundamental a localización precoz e a fumigación dos niños, pois se evita a dispersión dos insectos e a instalación doutros. O comunicado dos avistamentos debe facerse no teléfono da Xunta de Galicia 012, eles son os encargados da súa eliminación.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies