spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Virazón consolida o seu liderado en Liga SabadellGallego Clase J80...

O Virazón consolida o seu liderado en Liga SabadellGallego Clase J80 na baía de Baiona

Virazón-consolida-liderado-Liga-SabadellGallego-Clase-J80-baía-Baiona

Tres vitorias nas tres regatas disputadas na baía de Baiona afastan ao barco patroneado por Miguel Lago dos seus rivais na liga de monotipos

O Virazón do Monte Real Club de Yates consolida o seu liderado na liga SabadellGallego Clase J80 tras os fantásticos resultados conseguidos na segunda xornada da competición, celebrada este sábado na baía de Baiona.

A tripulación patroneada por Miguel Lago logrou tres primeiros postos nas tres probas disputadas esta tarde, con ondas duns 3 metros e un vento que se mantivo nuns 14 nós ata o final da competición, cando caeu en intensidade.

O seu maior rival na auga volveu ser, un día máis, o Alumisel de Guillermo Caamaño. Deu guerra en todas as mangas, pero non logrou desbancar ao Virazón da primeira posición en ningunha delas. Ambos seguen primeiro e segundo na clasificación xeral, pero a distancia mínima que lles separaba tras a primeira xornada, de apenas un punto, é agora xa de 7 puntos.

Onde si se rexistraron cambios foi no terceiro caixón do podio provisional, que ocupa agora o Lúa Nova de Juan Luís Tuero, tras desbancar ao Ferralemes de Enrique Porto, ausente nesta segunda xornada da competición.

O Namasté de Luís de Mira e o Pazo de Cea de María Campoggs completan a clasificación da liga de Clase J80 organizada polo Monte Real Club de Yates e patrocinada por SabadellGallego, coa colaboración de Vitaldent e a Xunta de Galicia.

A competición, patrocinada por SabadellGallego, e coa colaboración de Vitaldent e a Xunta de Galicia, continúa o próximo 14 de novembro en Baiona

A competición continuará o próximo 14 de novembro cunha nova xornada na baía de Baiona. Antes da entrega de premios celebraranse outras tres probas máis, o día 28 de novembro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.