Inicio Baixo Miño O Vigo-Rías Baixas realizará este domingo o Camiño Portugués desde A Guarda...

O Vigo-Rías Baixas realizará este domingo o Camiño Portugués desde A Guarda ata Santiago

O Vigo-Rías Baixas realizará este domingo o Camiño Portugués desde A Guarda ata SantiagoEsta fin de semana será moi especial para o Vigo-Rías Baixas

A entidade que preside José Luis Chamorro organiza este sábado en Gondomar o Xacobeo 2021 – Campionato de Galicia Elite-Sub23 e ao día seguinte os seus corredores volverán darlle aos pedais, pero non de forma competitiva, para realizar o Camiño Portugués desde A Guarda ata Santiago. Todos os amantes da bicicleta que o desexen poderán sumarse a esta peregrinación.

A iniciativa xorde como apoio da estrutura con sede en Vigo ao ano Xacobeo que arrincará dentro duns meses. Ante a incerteza xerada pola COVID-19, o conxunto flúor quere dar visibilidade á importancia económica e cultural que o Camiño de Santiago ten para Galicia.

Increméntase notablemente o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da CostaO roteiro desde o sur da provincia de Pontevedra ata a capital autonómica alcanza os 145 quilómetros de lonxitude. O pelotón poñerase en marcha ás 09:00 horas e despois de atravesar localidades como Baiona, Nigrán, Vigo, Pontevedra e Padrón, a chegada á Praza do Obradoiro está prevista para as 15:00 horas.

Nesta xornada de convivencia participarán a persoal Elite-Sub23, o equipo júnior e o resto de categorías do Vigo-Rías Baixas.

Os interesados en acompañar aos corredores da escuadra olívica deben poñerse en contacto coa organización deste evento a través do teléfono 629 06 35 55.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies