spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Val Miñor ofrece un ano máis a "Festa da Bicicleta" o...

O Val Miñor ofrece un ano máis a “Festa da Bicicleta” o 17 de maio

o-val-minor-ofrece-un-ano-mais-a-festa-da-bicicletaOs tres concellos do Val Miñor, Nigrán, Baiona e Gondomar, volverán pedalexar xuntos o próximo sábado 17 de maio para festexar a tradicional Festa da Bicicleta na súa 35 edición, evento que foi presentado hoxe no Pavillón de Panxón por ser este ano Nigrán o municipio anfitrión. O obxectivo, un ano máis, é promover entre a poboación o deporte e a socialización como hábitos saudables.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Como cada ano, realizaranse tres saídas desde cadanseu municipio. En Nigrán será desde o Pavillón Municipal ás 10:00 horas, en Baiona ás 10:45 horas desde o Parque da Palma e en Gondomar ás 10:45 desde a Praza do Concello. Toda aquela persoa maior de 7 anos pode participar inscribíndose no devandito lugar 40 minutos antes da saída e acudindo con casco (obrigatorio) e bicicleta propia (non se admiten remolques). A marcha cicloturista de Nigrán recollerá á de Baiona e regresarán xuntas para atoparse coa de Gondomar na Rotonda da Ramallosa e chegar as tres unidas ás 12:00 horas ao Pavillón de Panxón, onde se realizará o avituallamento e o tradicional sorteo de agasallos (3 bicicletas e 60 cascos) ao ser este ano o Concello de Nigrán o organizador.

Todos os participantes dispoñerán de seguro de accidentes e responsabilidade civil e a Policía Local protexerá ao pelotón.

A ‘Festa da Bicicleta’ reúne cada ano a centos de persoas da comarca nun ambiente festivo e familiar que, desde a súa orixe en 1990, se celebra cada 17 de maio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.