spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Val Miñor está de loito en memoria da vecina de Baiona...

O Val Miñor está de loito en memoria da vecina de Baiona asasinada e en sinal de absoluta repulsa ante a violencia machista

O Val Miñor tínguese de loito en memoria da vecina de Baiona asasinada e en sinal de absoluta repulsa ante a violencia machistaBaiona, Nigrán  e Gondomar decretan tres días de loito oficial e gardarán un minuto de silencio en memoria da vecina de Baiona asasinada nesta vila pola súa ex-parella e en sinal de absoluta repulsa ante a violencia machista.

Cousas de revista nº16

A corporación municipal de Baiona concentrarase ás 19:30 horas de hoxe na praza do Concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de Beatriz Lijó Gesteira, veciña de Baiona, que foi presuntamente asasinada pola súa parella na noite deste domingo.

O corporación local decreta tres días de loito oficial en memoria de Beatriz Lijó Gesteira e, unha vez máis, quere mostrar a súa máis rotundo rexeitamento e repulsa á violencia de xénero.

Durante os días de loito, 6,7 e 8 de febreiro (hoxe, mañá e pasado mañá), as bandeiras ondearán a medio mastro en sinal de duelo.

Desde o Concello de Baiona queremos manifestar a nosa absoluta condena ante este asasinato e mostrar todo o noso apoio, solidariedade e condolencias aos familiares da vítima. En especial o noso corazón está cos seus dous fillos pequenos.

NIGRÁN Y GONDOMAR

Os Concellos de Nigrán e Gondomar tamén informan que declaran tres días de loito oficial con bandeiras a media hasta e convoca sendas concentracións nas que gardarase un minuto de  silencio, en memoria da muller asasinada en Baiona pola súa ex-parella e en sinal de absoluta repulsa ante a violencia machista. Igualmente, traslada o seu pésame á familia e achegados da vítima do noso concello irmá.

A de Nigrán para mañá martes 7 de Febreiro á veciñanza ás 10:00 horas ante o Consistorio. Pola súa banda Gondomar convoca tamén mañá a unha concentración diante da Casa do Concello ás 12,00h.

- Publicidade -spot_img