A Praza do Concello de Baiona foi o escenario escoliido polo Conceĺlo para, acompañado de representantes do IEM, SOS Groba e dos concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar, Oia, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Tui, manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de parque eólico Albariño I.
Hoxe os alcaldes de Baiona, Nigrán, Gondomar e A Guarda, colectivos e representantes políticos o veciñais do Rosal, Tomiño, Oia e Tui uníronse tamén á mobilización. Era o último día para presentar alegacións ao plan ‘Albariño I’, que ten proxectado a instalación neste espazo de extraordinario valor natural e patrimonial, de SEIS aeroxeradores, que de levar adiante, afectaría os municipios de Oia, Baiona e Tomiño.
En colaboración cos concellos, lograron presentar preto de 100.000 alegacións que esperan sexan suficientes para que tanto a Xunta como a compañía Ceólica Hispania S.L. (participada ao 90% por Acciona) cambien de idea e retiren o seu proxecto de parque eólico.