spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Trofeo Loterías e Apostas do Estado decidirá ao campión de España...

O Trofeo Loterías e Apostas do Estado decidirá ao campión de España de Cruceiros 2024 en Baiona

o-trofeo-loterias-e-apostas-do-estado-decidira-ao-campion-de-espana-de-cruceiros-2024-en-baionaO Monte Real Club De Yates de Baiona acollerá esta fin de semana o Trofeo Loterías e Apostas do Estado, cuxo gañador será proclamado Campión De España De Cruceiros 2024

Revista Cousas de Nº23

Organizado Pola Real Federación Española De Vela coa colaboración do Monte Real Club de Yates e a Real Federación Galega de Vela, as regatas desenvolveranse o venres, sábado e domingo, en probas de frota con xuízo directo no mar sobre percorridos barlovento-sotavento.

Os enfrontamentos con formato round robin do venres e o sábado permitirán establecer unha clasificación cuxos seis primeiros disputarán o domingo a gran final que dará a coñecer ao gañador do Trofeo Loterías e Apostas do Estado, Campión de España de Cruceiros.

O xoves día 3 queda reservado á formalización de inscricións e ao adestramento das distintas tripulacións a bordo das embarcacións cedidas polo Monte Real Club de Yates para a disputa do Trofeo. Cada tripulación estará formada por seis deportistas que navegarán, sen cambios, en todas as probas programadas.

Tras a celebración dunha serie de regatas clasificatoria en cada territorial, finalmente serán 18 os equipos que este ano acudirán a Baiona en representación de doce comunidades: Andalucía, Principado de Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela A Mancha, Cataluña, Comunitat Valenciana, Galicia, Ciudad Autónoma de Melilla, Región de Murcia e País Vasco.
- Publicidade -spot_img