spot_img
InicioGaliciaO transporte público de Galicia, garantía de mobilidade segura

O transporte público de Galicia, garantía de mobilidade segura

A “nova normalidade” supón recuperar o transporte público ás nosas vidas, que sempre, e especialmente en Galicia, é imprescindible

Tras semanas de confinamento, é hora de retomar os nosos costumes e reiniciar o camiño da mobilidade sostible a través de, por exemplo, a recuperación do uso do transporte colectivo.

A comezos de maio xa se notou un crecemento de viaxeiros no transporte público, e para isto, a Xunta implantou todas as medidas de protección precisas para que o emprego do transporte público non sexa só máis sostible, senón que sexa tamén máis seguro.

Ás medidas implantadas pola Administración supoñen a necesidade de manter distancia física, o uso de máscara e o incremento da hixiene co uso do xel hidroalcohólico. Son hábitos que xa temos incorporados no noso día a día para previr contaxios e aos que podemos engadir o pago con tarxetas ou dispositivos electrónicos; un extra de seguridade que tamén podemos empregar no transporte público.

O transporte público de Galicia, garantía de mobilidade segura

Os galegos xa veñen empregando as tarxetas “TMG” e “Xente Nova” nas áreas do Plan de Transporte Metropolitano, (A Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo e Lugo), mais, nos próximos meses, os beneficios destes dispositivos estenderanse á toda a comunidade autónoma grazas a implantación do Plan de Transporte Público de Galicia. A tarxeta “TMG” permite obter descontos, mentres que coa “Xente Nova” os menores de 21 anos poden viaxar gratis nos autobuses interurbanos. Dende o 15 de xuño este dispositivo xa se pode empregar en toda a provincia de Ourense en na área de Pontevedra e, a finais de ano, estará funcionando en toda Galicia.

Ademais das vantaxes económicas destas tarxetas, o seu uso consolídase como o método de pago máis seguro na era “postcovid”, na que, pouco a pouco, volvemos á normalidade e o transporte volve encher os seus asentos. Tamén os de taxis e vehículos de turismo con condutor, cos que a Xunta colabora coa financiación de 4.000 pantallas de protección. Para iso abriu unha orde de subvención por valor de 300.000 euros.

A todas estas medidas de protección e seguridade fronte ao Covid-19, non hai que esquecer a responsabilidade individual. Só entre todos poderemos garantir unha mobilidade segura.

- Publicidade -spot_img