spot_img
InicioVal MiñorNigránO Templo Votivo do Mar de Panxón acollerá o I Certame Internacional...

O Templo Votivo do Mar de Panxón acollerá o I Certame Internacional de Música Coral

O Templo Votivo do Mar de Panxón acollerá o primeiro I Certame Internacional de de Música CoralO evento estaba previsto para o ano 2020 pero tivo que ser aplazado pola pandemia

O Concello de Nigrán organiza despois de dous anos paralizado pola pandemia o I Certame Internacional de Música Coral “Ars Canendi: As voces no Camiño”. O primeiro certame internacional de coros que se celebra en Galicia e que repartirá un total de 6.500 euros en premios.

Revista COUSAS DE Nº13

O prazo de inscrición permanece aberto ata o 23 de maio, dispondo todas as formacións interesadas da información completa na web www.nigran.es

O concurso terá lugar os días 2 e 3 de xullo no Templo Votivo do Mar de Panxón e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 23 de maio, dispondo todas as formacións interesadas da información completa na web www.nigran.es.

O grupo gañador recibirá 3.000 euros, o segundo 2.000, o terceiro 1.000 e haberá un premio de 500 á mellor interpretación dunha obra composta para a ocasión, “Ave Maris Stella”, de Javier Fajardo. A concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo, directora do coro Gli Appassionati, quere “converter a Nigrán nun referente nacional e mesmo internacional da música coral de calidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.