spot_img
InicioBaixo MiñoO Teatro Principal de Tui recibirá preto de 800 mil euros para...

O Teatro Principal de Tui recibirá preto de 800 mil euros para a súa rehabilitación

O Teatro Principal de Tui é xa propiedade municipalO Teatro Principal de Tui é un dos 181 edificios que recibirán fondos do PIREP Local. Na resolución provisional publicada o luns polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), figura a concesión de 772 mil euros para a súa rehabilitación.

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Tui recibirá do PIREP Local 772 mil euros para a rehabilitación do Teatro Principal. Este é un dos 181 edificios públicos que recibirán fondos europeos de recuperación NextGenerationEU do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local (Pirep Local) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Tui da un paso máis para a rehabilitación do Teatro Principal coa presentación do anteproxecto de César Portela

En concreto o concello de Tui, segundo figura na resolución provisional, recibirá 772.293,00 €. O proxecto presentado polo Concello de Tui obtivo 64,25 puntos sobre 100, ocupando o posto 37 dos 181 subvencionados.

Teatro Principal de Tui: O reflexo da sociedade na arquitectura do divertimento

As actuacións financiadas deberán ser solventes técnica e financeiramente e estar efectivamente implantadas e en funcionamento antes do 31 de marzo de 2026.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.