spot_img
InicioGaliciaO Servizo de Asistencia transfronteirizo 112 distinguido co Premio de Cooperación Internacional

O Servizo de Asistencia transfronteirizo 112 distinguido co Premio de Cooperación Internacional

O proxecto transfronteirizo de Asistencia Recíproca Inter-rexional en materia de Emerxencias (ARIEM-112) en Galicia e no Norte de Portugal foi distinguido co premio EENA 112 Award, na categoría cooperación internacional.

Este é un servizo de cooperación en materia de emerxencias transfronteirizas que cobre unha poboación de case 572 mil persoas de 109 municipios do Norte de Portugal, Galicia, Castela e León.

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz Igrexas xunto coa Coordinadora da Unidade de Cooperación Estratéxica da CCDR-N de Portugal, María Geraldes, recibiron de mans de Mladen Vrajtonic, Vicepresidente de EENA o ‘Premio de Cooperación Internacional 112’ (112 Outstanding Internacional Cooperation Award).

A este acto tamén asistiron os coordinadores do proxecto ARIEM 112 e técnicos da AXEGA, José Ángel Someso Anguita e María Honorina Barrio Branco. A entrega decorreu o mércores nunha sesión promovida pola European Emergency Number Association, unha organización non-gobernamental vocacionada para a promoción do servizo 112.

O Pacto de Axuda Mutua (PAM) que formalizou a cooperación entre as tres rexións foi asinado en outubro de 2013, no Porto, na CCDR-N, entidade portuguesa que coordina o proxecto que envolve 87 municipios españois e 22 portugueses.

O 112 transfronteirizo dispón dunha plataforma informática, a través da cal son feitos as peticións de axuda internacional e accionados os medios inseridos nesa plataforma.

O servizo está dotado dun sistema de videoconferéncia que permite interligar aos socios das tres rexións.

comillasNo Norte de Portugal e nas dúas rexións españolas existen 1.196 efectivos contra incendios e salvamento, 73 comisarías, oito helicópteros medicalizados e catro de rescate, 121 equipos para emerxencias especializadas, 263 vehículos contra incendios e salvamento e 211 institucións de saúde.

Na primeira edición do proxecto, iniciada en 2014 e concluída ao final e 2015, o investimento atinxiu os 2,8 millóns de euros.

Fronte ao “éxito” alcanzado, os socios do ARIEM 112 “xa asumiron a súa continuidade coa presentación da nova candidatura ao programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, nun importe de 5,9 millóns de euros”.

A nova edición do proxecto “envolverá máis socios, do lado portugués, a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Miño, a GNR e o Instituto Nacional de Emergéncia Medica”.

.-EENA é unha Asociación sen ánimo de lucro creada en 1999 e con sede en Bruxelas encargada de velar polos intereses dos centros 112 de toda Europa, cuxa premisa fundamental é a de servir de plataforma neutral de debate entre as autoridades, servizos de emerxencias, industria e cidadáns, co obxectivo de conseguir unha eficiencia e unhas telecomunicacións harmonizadas e axustadas ás necesidades dos cidadáns.

- Publicidade -spot_img