Inicio Vigo e área Vigo O Sergas continúa as reunións coas asociacións de pacientes para abordar o...

O Sergas continúa as reunións coas asociacións de pacientes para abordar o tema do aparcamento para enfermos crónicos no Hospital Álvaro Cunqueiro

Sergas-continúa-reunións-asociacións-pacientes-abordar-tema-aparcamento-enfermos-crónicos-Hospital-Álvaro-Cunqueiro

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa; o director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Ramón Ares Rico; e a subdirectora xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, Beatriz Pais Iglesias; reuníronse esta mañá con representantes da xunta directiva da Asociación Española contra o Cancro de Pontevedra, Josefina Crespo Amigo e Adolfo Santos Gómez; e Vigo, Ángeles Pazos Crespo. O obxectivo do encontro é buscar unha formula que se adapte ás necesidades deste tipo de pacientes para aparcar no novo hospital de Vigo.

Esta reunión é un dos varios encontros que o Sergas está a manter con diferentes asociacións no referente ao aparcadoiro do novo centro, que deixe cubertas as necesidades loxísticas destes pacientes crónicos, que polas características da súa patoloxía poden ter unha alta frecuentación de visitas ao centro en determinadas fases do tratamento.

Os representantes da asociación manterán proximamente unha reunión coa empresa concesionaria para avanzar e concretar posibles alternativas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies